CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Grazas á colaboración entre o Cole e a FAXPXA, as nenas e nenos de Infantil tiveron a sorte de gozar dunhas xornadas de Contacontos en Lingua de Signos. A actividade consistiu en dous contos: "Brancaneves" e "Ra de 3 ollos", contados en LSE e traducidos á lingua oral por un intérprete de LSE. Os peques aprenderon, ademais, signos relacionados con eses contos.

 

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN ADMITIDO para o curso 2022-2023.  

Poden consultar a lista telefónicamente ou por correo electrónico. 

Se precisan consultar a lista no colexio, estará exposta no interior do edificio de Primaria, diante de Secretaría.

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

Alumnado de 6º de primaria, achegouse ao parque eólico de Sotavento, no Concello de Xermade, provincia de Lugo, concretamente en na Serra da Loba, onde a fundación Sotavento Galicia converteuse nos últimos anos nun referente na divulgación e educación enerxética.

Levan traballando dous cursos en proxectos de coñecemento e respecto polo medio ambiente e, de forma amena, coñeceron as fontes de enerxía renovables, a aposta pola eficiencia, o aforro e a súa influenza na problemática ambiente.

Reflexionaron sobre como optimizar os elementos que a diario conviven con nós (electricidade, calefacción, consumo de auga, ...), reflexionaron sobre como aforrar sen variar o noso modo de actuar, unicamente tomando as decisións adecuadas nos momentos precisos: como illar unha vivenda, a orientación, os tipos de calefacción, a elección dos electrodomésticos, canto consume cada electrodoméstico ou a elección das lámpadas adecuadas, vantaxes e contras, ademais de como reducir o consumo cunhas simples pautas, fai a visita máis que interesante.

Facía tanto tempo que non saían de excursión que gozaron dunha mañá de exposición, dun chocolate quente nunha cociña solar e dunha comida sentados na herba!!!!

LINGUA DE SIGNOS

As compañeiras de Infantil, Irene e Ana, visitaron algunhas clases de Primaria para explicarlles aos nenos e ás nenas en que consiste a lingua de signos. Por medio de divertidos xogos aprenderon algúns signos para poder comunicarse coas persoas xordas.

 

 

CHARLA EDUCACIÓN VIAL

Alumnado de 2º, 4º e 6º de Primaria recibiron charlas sobre Educación Vial. Policías Locais do Concello visitaron o cole para ensinarlles aos nenos e ás nenas como hai que circular polas rúas e beirarrúas. Nunha primeira sesión recibiron os contidos "teóricos" na clase e noutra sesión práctica no pavillón do centro onde demostraron todo o que aprenderon.

ARTE NA PRAIA

As nenas e nenos de 3º de E.Primaria visitaron, cos seus profes, a Praia da Ponte do Porco. Alí o betanceiro Francisco Martínez "Pin"ensinoulles como recoller residuos e transformalos en arte.

A rapazada estivo a recoller material para, despois na clase, crear as súas obras de arte. Tamén aproveitaron para recoller o lixo que atoparon na praia.

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/2023

El transporte escolar, a examen | El Día de Zamora | Formato digital del  periódico El Día de Zamora

Xa temos aberto o prazo para solicitar o transporte escolar do curso 2022/2023. É importante que lean a circular todas as familias que utilicen ou vaian a usar o transporte o próximo curso.

Para ver a información completa, prema na imaxe.

SOLICITUDES:

- SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 

- SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR EXCEPCIONAL

CARREIRA SOLIDARIA

Un ano máis, a Comunidade Educativa do Vales demostrou a súa solidaridade na Campaña de Recollida de Alimentos nesta nova edición da Carreira Solidaria 2022. Grazas pola vosa colaboración!!!

PREMEDE NA IMAXE

USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Mascarilla quirurgica Defend 1und – Merca Pronto

Estimada comunidade educativa:

Hoxe, xoves, 21 de abril de 2022, ás 14:22, a Consellería de Sanidade publicou as novas Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

En resumo, indican que, segundo o Real Decreto 286/2022, o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio no interior do centro educativo (tal e como informamos onte), que as persoas de seis anos en diante continúan estando obrigadas ao uso de máscaras no transporte escolar (salvo excepcións) e que se recomenda o seu uso no interior do centro educativo.

Pódese ver todo o documento accedendo ao seguinte enlace:

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf

Distribuir contido