Visitamos a exposición "Querido Balbino"
A Asociación Cultural Eira Vella e o Concello de Betanzos xestionaron e inauguraron o martes 31 de xullo a exposición "Querido Balbino",
O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez, O alcalde D. José Ramón García Vázquez, e a presidenta da Asociación Cultural Eira Vella Gabriela Rodríguez García acompañaron a Xosé Neira Vilas
Dende o noso centro programáronse visitas a exposición no mes de setembro .
Pódese visitar no Edificio do Arquivo de Betanzos ata o 21 de setembro.
Imaxes da exposición "querido Balbino"
Vídeo de Neira Vilas en Eiravella
Neira Vilas inaugurou "Querido Balbino"
O vídeo é da vídeoteca da A.C. Eiravella
Premio Garelos de Educación e Cultura 2012
O Concello de Betanzos concede o "Premio Garelos de Educación e Cultura" 2012 ó colexio C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín . Recolleu o premio en nome de toda a comunidade educativa o director D. Andrés Otero Martínez.
Letras Galegas 2012. Valentín Paz Andrade
Clica no rectángulo superior para ampliar. Máis información en econenos
Visita a páxina da Secretaría Xeral dePolítica Lingüística para ver outros contidos.
Tucho Calvo participou na homenaxe a Valentín Paz Andrade, convidouno
a Asociación Cultural Eiravella Vella (Betanzos).
"Quizais a seña de identidade da asociación sexa a Revista Cultural A Xanela"
Fomentamos o uso da nosa lingua con pequenas obras teatrais, organizadas pola
mestra de apoi de 6º de E. Infantil Mercedes Sánchez:
O señor don gato
Día das Letras Galegas 2012
Debuxo de Marina Muiño Iglesias 6ºC | Valentín Paz Andrade. Letras Galegas 2012.Leer máis en ECONENOS |
XOGAMOS CON VALENTÍN | POEMA DE CEN CHAVES DE SOMBRA |
I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade. Vídeo
Algúns dos mestres e persoal que traballa no Vales Villamarín de Betanzos doaron amablemente as súas imaxes para iniciar as I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade con este vídeo, que é un algo, ainda que é pouco, pero que comeza coa reflexión propia de que todos somos diferentes, bos para unhas cousas e malos para outras, e isto é o que nos enriquece. Foi unha experiencia inolvidable moitas grazas a todos e todas os que fixéstedes posible este proxecto que nos fixo a todos un pouco máis sensibles e mellores persoas.
NO "VALES", TI VALES, NO "VALES" VALEMOS TODOS!
Recordade que "xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas: poden cambiar o mundo"
Untitled from Patricia Pena on Vimeo.
I Xornada de formación e sensibilización sobre atención á diversidade
I XORNADA SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Os días 13 e 14 de abril iniciaremos unha andadura que pretende resulte de interese tanto para os/as profesionais da educación, como para as familias, en xeral.
Nesta xornada que abrangue tódolos tramos educativos, ademais da formación e as aplicacións prácticas, abordaranse aspectos tan importantes como a sensibilización na aceptación da diferenza non como un problema, senón como un valor e, en última instancia, un reto. Asemade, é un propósito fundamental desta XORNADA o inicio dun camiño de colaboración, de protocolización, e de asunción de dinámicas cooperativas entre os diferentes centros educativos: colaboración entre os centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Secundaria, posto que as individualidades e necesidades específicas do alumnado han de ser atendidas en todos os tramos educativos.
Para iso contaremos con profesionais de recoñecido prestixio dentro do campo da Atención á Diversidade
Para ver o programa da Xornada Atención a Diversidade.
Por tal motivo convidámolos/as a participar activamente desta acción formativa
Como inscribirse:
- DOCENTES DO ENSINO PUBLICO: No programa FPROFE, na web da Consellería de Educación www.edu.xunta.es/fprofe
- RESTO DE PERSOAS INTERESADAS: Para inscribirse!
Dirixido a: Persoas interesadas, en xeral, e docentes, en particular
Prazas limitadas: As solicitudes atenderanse por orden de inscrición
Data límite inscrición: 11 de abril de 2012
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63