RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017

Para ver a resolución definitiva de alumnado admitido para o curso 2016-2017 pulse aquí.

 

Letras Galegas 2016

Preme unha ou dúas veces na imaxe para ver o contido

LETRAS GALEGAS 2016

Visita ao IES Francisco Aguiar

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria  visitaron as instalacións do IES Francisco Aguiar para coñecer o centro ao que asistirán a maioría o vindeiro curso.

Que nervios!

Durante a visita, guiados por Julián Ferrer (Vicedirector) e Jose Manuel Montero (Director do centro), coñecimos as instalacións do centro ( o salón de actos, biblioteca, as aulas, laboratorios...) e a súa sensación é que... "é  ENOOORME pero mola".

 


Visita IES - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Gracias pola acollida!

V XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

 

Para ver o programa das Xornadas, pulse sobre o cartaz ou aquí.

Para ver información de interese para as persoas que asistan, pulse aquí.

RELACIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017

Para consultar a relación provisional de alumnado admitido para o curso 2016-2017 pulse aquí.

Antes do día 15 de maio sairá pubicada nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do colexio a relación definitiva de alumnado admitido.

A formalización da matrícula realizarase entre os días 20 e 30 de xuño.

CAMBIO NÚMERO DE TELÉFONO

novo número de teléfono do colexio é o 881880237 e o novo número de fax é o 881880240

CONSTRUÍMOS IGUALDADE

Queremos construir igualdade porque todos somos iguais, nenas, nenos, homes, mulleres, todos somos persoas.
Libros, películas, cancións, a arte, en xeral, apréndennos a vida.
Nesta recopilación mostramos aqueles que máis nos gustan porque nos fan reflexionar sobre a igualdade de xénero e o papel de cada persoa na sociedade.


(Premede na imaxe e veredes o noso poster intercativo)

 

 

Soñamos igualdade

Para que algo se cumpra primeiro hai que desexalo e logo hai que traballar e loitar por el. Un dos nosos obxectivos é conseguir a igualdade entre todos, respectando a nosa diversidade. Mariña Erias Castro, alumna de 5º A, exprésao neste poema que nos achega:

 

 

SOÑAMOS CON ROSALÍA

Este ano descubrimos que Rosalía de Castro tamén soñaba desperta, igual que nós a través deste poema:

 

Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,

nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,

dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso, 

de min murmuran e exclaman: 

- Aí vai a tola soñando 

coa eterna primavera da vida e dos campos,

e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,

e ve tremendo, aterecida, que cobre a xeada o prado.

 

-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,

máis eu prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,

coa eterna primavera da vida que se apaga

e a perenne frescura dos campos e as almas,

aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.

 

Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,

sen eles, como admirarvos nincomo vivir sen eles?

Rosalía de Castro



Grazas a ela aventurámonos a descubrir o que soñaban, soñaron e soñan aínda os nosos maiores.

Destácovos un. O que soñaban uns avós cando eran nenos. Dí así:  " Cando miña avoa era pequeniña soñaba con ter unha boneca, porque non tiña ningunha, con poder estrear roupa nova, porque tiña a mesma todo o ano, e poder ir o colexio todos os días porque tiña que traballar no campo. Cando meu avó era pequeno soñaba con poder comer froita porque era moi cara e non se podía comprar, poder ter zapatos novos porque tiña unhas alpargatas e montar nun coche porque cando un pasaba polo pobo todos os nenos o seguían por detrás"

 

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS a todos os que nos abríchedes o voso corazón e compartístedes os vosos soños cos vosos fillos e fillas, netos e netas e con todos nós.

SOÑAMOS CON ROSALIA on PhotoPeach

Distribuir contido