RECOLLIDA SOLIDARIA POLA DINA EN VALENCIA

O IES Francisco Aguiar, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha recollida solidaria pola DINA en Valencia, iniciativa á que nos sumamos a comunidade educativa do Ceip Vales Villamarín. Dende hoxe mércores día 20 de novembro ata o vindeiro luns 25 de novembro (incluído), tanto no colexio de Infantil como no de Primaria, recollemos LIBROS, XOGUETES E MATERIAL ESCOLAR E DIDÁCTICO para que sexa enviado a Valencia na maior brevidade posible. O alumnado pode traer a doazón ou deixarse na Secretaría do centro por parte das familias. Grazas pola colaboración.

VENRES DE BIBLIO XA ESTÁ AQUÍ

Leo e Mariña están encantados de anunciar o inicio do noso programa VENRES DE BIBLIO
 

(Pincha na imaxe para obter máis información)

 

 

 

 

 

Visita do Hockey Club Cambre

Días atrás en Educación Física tivemos a sorte de contar coa colaboración de Hockey Club Cambre para que o alumnado coñeza mellor o hockey sobre patíns. Moitas grazas ao clube polo esforzo realizado e moita sorte nas súas competicións!

 

Celebración do Samaín de 1º de Primaria

Compartimos algunhas imaxes da decoración e disfraces polo Samaín da rapazada de 1º de Primaria. Que medo!

(clica na imaxe para ver a galería)

1º de Primaria visita a Depuradora

O alumnado de 1° de primaria gozamos dunha visita á depuradora de Betanzos onde puidemos observar e aprender como é o tratamento da auga para a súa depuración e o seu posterior uso. Ademais os seus operari@s obsequiaron a todo o alumnado cunhas botellas e trípticos informativos moi interesantes!!!

(clica na imaxe para ver a galería)

 

XXIX Festival de Galicreques

Ao longo da semana pasada, a rapazada de 1º, 2º e 3º de Primaria asistiu ao Liceo para ver diferentes representacións de monicreques. Pasárono en grande cos espetáculos das distintas compañías: 1º  gozou con Diente de León da Fundación Titerefué y Titiritainas Teatro de Títeres, 2º participou en Napoleón y Josefina da compañía La Pepa del Mamoncillo e 3º disfrutou con Títeres a Cielo Abierto de Manu Mansilla.

 

 

 

DANZACONTOS EN INFANTIL

O 17 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil puideron gozar do danzacontos "A marabillosa viaxe da pinga Pingona" que tivo como obxectivo principal aproveitar como medio o noso corpo e o movemento para integrar a lingua dunha maneira vivencial, divertida e colaborativa. "Unha espelida pinga de chuvia chamada Pingona, fai unha parada no camiño das nubes ao mar, para axudar ao Polbo Xan, na procura de algo moi especial por mar e terra...". Así comezou esta aventura de amizade, respecto e natureza.

Distribuir contido