INSTRUCIÓNS COVID

Nuevas medidas por el COVID-19

Para ver as instrucións COVID que acaba de publicar a Consellería, prema na imaxe.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL

PERIODO DE ADAPTACIÓN 1º INFANTIL (3 AÑOS) – Centro Público Integrado  Castillo Qadrit

Para ver a información sobre o Período de Adaptación de 4º de infantil (3 anos), prema na imaxe.

 

LISTAS DE MATERIAL CURSO 2022-2023

Listas de material curso 2022/23 – C.E.I.P. Virgilio Valdivia

 

Para ver a lista de material de cada un dos niveis de infantil e primaria, prema na imaxe.

COMEDOR: INFORMACIÓN IMPORTANTE

Reunión con responsables comedor escolar | Comedores escolares, Centros  escolares, Escolares

Para ver a información importante sobre o funcionamento do comedor no curso 2022-2023, prema na imaxe.

FONDOLIBROS (LISTA DEFINITIVA)

fondolibros – Colegio San Fernando Vigo

Premendo na imaxe, pode consultar a lista definitiva de libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º que solicitaron o FONDOLIBROS para o curso 2022-2023.

Pode consultar os libros adxudicados co código asignado a cada alumno/a.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

Reunión con responsables comedor escolar | Comedores escolares, Centros  escolares, Escolares

 

Onte, 06-07-22, publicouse o novo regulamento do servizo de comedor escolar no BOP, así que mañá, 08-07-22 ábrese o prazo para poder solicitalo.

Entre os cambios que se recollen, figura que se abrirá un primeiro prazo para reserva de praza , que será  desde o 8 de xullo ata o 17; e un segundo prazo para as persoas que acoden por primeira vez, que irá desde o 18 ao 28 de xullo.

 

A solicitude hai que presentala a través da sede electrónica do concello (https://sede.betanzos.gal/opencms/es/) onde, a partir de mañá, estará recollida toda a información, igual que na páxina web (https://betanzos.es/).

FONDOLIBROS, AXUDAS LIBROS E AXUDAS MATERIAL PARA PRIMARIA

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR  2021/2022 | CEIP SACO E ARCE ceip.saco.arce@edu.xunta.gal Teléfono 988 68  50 96

Premendo na imaxe, pode ver no listado se lles foi concedida a axuda de libros de texto, a axuda de material ou o Fondolibros, segundo o nivel de Primaria que vai cursar o/a seu/súa fillo/a o curso 2022-2023.

Para iso, ten que localizar o nivel e o código que lle foi asignado cando realizaou a solicitude (está na fotocopia da solicitude que lle foi entregada).

A lista PROVISIONAL de Fondolibros para 3º e 4º de Primaria foi publicada o mércores, 06-07-2022 e a lista DEFINITIVA (indicando cales son os libros concedidos) será publicada o luns, 11-07-2022. Os libros serán entregados en setembro.

 

Os vales de libros de texto e os vales de material concedidos, serán entregados entre o 11 e o 15 de xullo, previa cita telefónica no 881880237. Terá que recollelos a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.

CORRECCIÓN ERRO NA LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

Libros de texto. Curso 2018/2019 | IES Zaframagón

Atopouse un erro na lista de libros de texto para o curso 22-23 publicada o día 15-06-22.

En concreto, no libro de Matemáticas de 1º de Primaria o ISBN non era o correcto.

Para ver a lista ACTUALIZADA, prema na imaxe.

DESPEDIDA SEXTO PRIMARIA

 

                                                                                                UN PASO ADIANTE, ATA SEMPRE!

Para ver o vídeo da despedida, prema na imaxe

 

PROMOCIÓN 2019-22 INFANTIL

 

E… por fin chegou o día  da vosa festa tan merecidaaaaa!!!!!

Agardamos de todo corazón que o voso paso por Primaria sexa tan feliz e produtivo como o foi en INFANTIL.

Deixade voar a vosa imaxinación,  que aquí,  no VALES,  ensinamos co corazón.

 

Feliz verán e unha vez máis GRAZASSSS e ata sempre.

Para ver a presentación, prema na imaxe.

Distribuir contido