MAGOSTO
Magosto popular
Sábado, 12 de novembro, ás 17:00 no matadoiro municipal de Betanzos
Organizada polo Concello de Betanzos.
Cal é o obxectivo?
O obxectivo principal dun magosto popular é celebrar a colleita da castañas como é tradición en centos de vilas de Galicia onde os veciños se reunen para asar castañas.
Que actividades se realizarán?
Xogos populares, obradoiros, e todas as relacionadas co magosto
Un equipo de monitores e monitoras asistirán aos nenos e ás nenas no desenvolvemento de todas as actividades.
Quen pode participar?
É unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Para participar é necesario apuntarse no seguinte formulario:
https://forms.gle/o8joDBCGTzQS9f2x9
GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE
O martes 29 de novembro comeza, un ano máis, a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2022-2023 .
Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dende o ano 2002 sendo esta a 21.º edición.
Pode acceder á información completa, PREMENDO NA IMAXE.
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR
Na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.
O luns xeraremos os vales e a partir do martes, día 18-10-2022, AS PERSOAS SOLICITANTES DA PRIMEIRA AXUDA ou AS AUTORIZADAS DEBIDAMENTE poden pasar pola Secretaría do colexio para recollelos.
VENDIMA INFANTIL
O sábado, 15 de outubro, ás 16:30, no Paseo da Tolerancia, o Concello de Betanzos e a adega Pagos de Brigante en colaboración coa Reserva da Biosfera As Mariñas, Colexio Vales Villamarín e o Colexio A Nosa Señora da Carmen (Atocha) organiza unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos co obxectivo principal de divulgar a cultura vitivinícola entre as novas xeracións de betanceiros e mariñáns e recuperar os costumes e tradicións de vendima e de elaboración do viño tan vinculadas á historia de Betanzos e a súa comarca.
Permitirá aos nenos e ás nenas recibir as caixas cos acios de uvas, medir o contido de azucre da vendima, despalillar os acios (eliminar os rabos), pisar as uvas, prensalas nunha prensa tradicional e finalmente degustar o mosto. Non faltará un bocadillo de merenda para repor forzas.
Para participar é necesario apuntarse no formulario que acompaña á información completa PREMENDO NA IMAXE ou NO SEGUINTE ENLACE:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfaXlG2wYv8ksOCuwTsA3KnoWeFGsDRvnP0AueKteMLDIjQUw/viewform
DÍAS NON LECTIVOS
No Consello Escolar do mércores, 07-09-2022, acordouse solicitar como Días Non Lectivos por razón de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica para o curso 2022-2023, o luns, 5 de decembro de 2022 e o martes, 2 de maio de 2023.
COMEDOR DE INFANTIL
Teléfono da empresa de comedor en INFANTIL:
Para avisos ou solicitar dieta: chamar o día anterior ou ese mesmo día antes das 10:00 h: 630363844
De 07:30 a 09:00 e de 13:30 a 16:00: 699385354
Para problemas de recibos ou administrativos: 986461421
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »