CAMPAMENTO DE NADAL

O Concello de Betanzos abriu o prazo de inscrición do campamento de Nadal “Betanzos Concilia”. Para ver a información completa, prema na imaxe.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A partir de hoxe, ás 18:00 horas, no taboleiro do colexio, estarán expostas as copias das actas do escrutinio das votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar, dos distintos sectores da comunidade educativa do centro.

ROUPA EXTRAVIADA

Antes de mandar a roupa á Cruz Vermella, facemos unha última tentativa e enviamos fotos da roupa extraviada no centro durante o mes de outubro, o alumnado non conseguiu recoñecela. Recordamos que sería convinte poñerlle o nome e o curso nas etiquetas para poder devolverlla ao seu dono/a. Se recoñecen algunha prenda poden pasar pola Secretaría do centro ou decirlle ao seu fillo/a que nola pida.

VALES DE MATERIAL

Recordamos ás persoas que lles concederon o vale de material da primeira axuda teñen que vir pola Secretaría do centro (non fai falta cita previa) a buscar o novo vale de material de 25 euros concedido pola Xunta de Galicia e que se debe gastar preferentemente antes do mes de decembro. Terá que recollelo a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Betanzos, xunto cos concellos de Paderne e Oza-Cesuras, ven de poñer en marcha o servizo de atención temperá, o que permitirá que a veciñanza non  teña que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, ubicada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña.

A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Pode acceder á información completa PREMENDO NA IMAXE.

Distribuir contido