ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23
Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse antes do día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.
DÍA DA PAZ
Con un pouco de retraso aí vos deixamos algunha das actividades realizadas polo Día da Paz, tanto en Infantil coma en Primaria.
REFORMAMOS A BIBLIOTECA!!
TEST DE ANTÍXENO EN SALIVA
Cando a Central de Seguimento de Contactos confirme algún caso positivo de COVID-19 nunha clase de PRIMARIA, E SE CONSIDERE NECESARIO, ofreceráselles aos posibles contactos estreitos a posibilidade de realizar VOLUNTARIAMENTE, NA SÚA CASA, un test rápido de antíxeno en saliva.
terán que cumprir 3 requisitos:
• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.
Pode consultar a información sobre a utilización do test, PREMENDO NA IMAXE. Tamén está no propio envase do test.
ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS E DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR
O Concello de Betanzos publicou a ordenanza reguladora do prezo público do servizo de comedor e mañanceiros, cos prezos actualizados e o regulamento do funcionamento deste servizos; para información das nais e pais das nenas e dos nenos usuarios deste servizo; previo a aprobación polo Pleno da Corporación para a súa aplicación.
1. Ordenanza reguladora do prezo.
RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2022-2023
Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 e posteriores modificacións sobre o procedemento de admisión nos centros docentes:
· O alumnado de 6º de Primariado noso colexio ten prioridade para a admisión no IES Francisco Aguiar ao que estamos adscritos.
· Se desexa continuar os seus estudos no citado instituto deberá presentar a solicitude (ANEXO I) no CEIP Francisco Vales Villamarín.
· O prazo para facer a reserva é do 11 de xaneiro ao 8 de febrero.
· O CEIP Francisco Vales Villamarín remitirá ao IES Francisco Aguiar as solicitudes de reserva de praza do alumnado que faga uso da prioridade de admisión como centro adscrito.
· O alumnado que desexe continuar os seus estudos NOUTRO CENTRO DIFERENTE ao IES Francisco Aguiar, NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO I e deberá presentar a súa solicitude de admisión (ANEXO II) no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.
· O alumnado admitido no IES Francisco Aguiar e nos outros centros escollidos deberá formalizar a matrícula nos citados centros entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA
Vai comezar o reparto de máscaras entre o alumnado de E. Primaria que ten dereito segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021.
É necesario pedir cita en Secretaría e terá que recollelas a persoa que solicitou a axuda (de material ou de máscaras) ou autorizar a outra persoa.
NADAL 2021
Enviado por paula o Mér, 22/12/2021 - 11:59Un ano máis o Nadal deixouse sentir no noso cole. Durante estas semanas fixemos un montón de actividades... Aquí vos amosamos algunhas delas....
Visitade, tamén, o BLOG DE MERO para botar unha ollada aos adornos navideños que fixeron os nenos e as nenas con material de refugallo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »