REUNIÓN DE FAMILIAS DE 1º DE PRIMARIA
O próximo martes, día 07-09-2021, terán lugar as reunión de familias de 1º de primaria.
As titoras xa estiveron chamando aos teléfonos de contacto dos que dispoñemos no colexio para informar individualmente.
LUGAR: CINE ALFONSETTI (Praza Irmáns García Naveira)
Por cuestións de aforo, é moi importante que non asista máis que unha persoa adulta por familia.
HORARIOS:
16:30. Grupos A e D 18:30. Grupos B, C, E
REUNIÓN DE FAMILIAS DE 4º DE INFANTIL
O próximo luns, día 06-09-2021, terán lugar as reunión de familias de 4º de infantil.
As titoras xa estiveron chamando aos teléfonos de contacto dos que dispoñemos no colexio para informar individualmente.
LUGAR: Na propia aula do alumnado no edificio de infantil.
Por cuestións de aforo, é moi importante que non asista máis que unha persoa adulta por familia.
HORARIOS:
16:30. 4º a 16:45. 4º b 17:00. 4º c 17:15. 4º d
FONDOLIBROS 3º e 4º PRIMARIA
Publicada a Resolución DEFINITIVA de Fondolibros para alumnado de 3º e 4º de Primaria no curso 21-22.
Debido á Protección de Datos, a consulta da resolución ten que facerse na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30.
RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL ESCOLAR
Na próxima semana (do 19 ao 23 de xullo), solicitando cita previa (881880237), poderanse recoller na Secretaría do colexio, en horario de 09:30 a 12:30, os vales para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de E. Primaria) e os vales para a adquisición de material escolar (todos os niveis de E. Primaria).
HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO 6º PRIMARIA
As familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que rematan a etapa educativa no colexio, teñen que recoller o HISTORIAL ACADÉMICO na próxima semana (entre o 12 e o 16 de xullo) na secretaría do centro, de 09:30 a 12:30. Poden solicitar cita no número 881880237.
FONDOLIBROS 3º e 4º PRIMARIA
Publicada a Resolución Provisional de Fondolibros para alumnado de 3º e 4º de Primaria no curso 21-22.
Debido á Protección de Datos, a consulta da resolución ten que facerse na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30.
A Resolución Definitiva publicarase antes do día 20 de xullo.
HORARIO DE SECRETARÍA
Durante o mes de xullo, o horario de atención ao público de Secretaría será de 09:30 a 12:30.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »