PLENO INFANTIL

Durante estes días, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, celebraron o Pleno Infantil. Dado que nesta ocasión non puideron visitar o Concello, a alcaldesa, María Barral, xunto co Concelleiro de Educación, Andrés Hermida, visitaron o colexio para recoller as distintas propostas que o alumnado lles trasladou.

Os nenas e as nenas, como veciños de Betanzos que son, fixéronlle chegar distintas ideas para mellorar o noso Concello e, se é posible, trasladalas ao Pleno "dos maiores". Algunhas destas propostas foron: darlle "cor" ao cole, posto que hai zonas escuras e con manchas, abrir a Ludoteca, poñer colectores á beira dos ríos, pintar murais nas paredes dalgúns edificios,... Tamén quixeron trasladar o seu agradecemento polos xogos pintados no patio, polo rocódromo que instalaron no patio cuberto e outras melloras levadas a cabo na nosa vila...

TEMPO DE NADAL...

Dende o colexio queremos agradecer á familia Encinas-Carella o agasallo que fixeron para adornar o centro neste tempo de Nadal. Esta familia, coa axuda da súa filla Amanda e a súa amiga Marta, fixeron esta bonita árbore. Moitísmas grazas!

POR UN NADAL EN VERDE...

Mero ten un reto para ti... Visita o blog de Voz Natura para saber máis!!

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Nenos e nenas de 2º E estiveron a aprender "Que é iso da Constitución?" Botádelle unha ollada aos seus traballos!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

Nenos e nenas de Infantil e de 1º Primaria traballaron o Día da Discapacidade baseándose no PDI da bilioteca "A Terra". En infantil traballaron sobre os planetas e en 1º sobre as plantas. Aquí está o resultado...

 

Non deixedes de visitar a BIBLIOFEIRA do 3 de DECEMBRO no blog de Leo e Mariña!!

 

CAMPAMENTO DE NADAL

 

O Concello de Betanzos pon en marcha o Campamento de Nadal "Betanzos Concilia".

O prazo de inscrición comeza este venres 3, e finaliza o luns 13 (ambos incluidos). 

As bases do campamento e demais información relevante estará operativa a partir do venres 3, na web municipal e na sede electrónica.

Para realizar as solicitudes de inscrición, o mecanismo é facelo a través da sede electrónica https://sede.betanzos.gal/

As persoas que acrediten que non contan cos medios técnicos necesarios, poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no teléfono 981.77.07.07.

Pode acceder a toda a información no seguinte enlace:

https://novas.betanzos.es/o-concello-de-betanzos-pon-en-marcha-o-campamento-de-nadal-betanzos-concilia/

 

VISITA AO AQUARIUM

A rapazada de 5º de Educación Primaria visitou as instalación do Aquarium da Coruña. Alí aprenderon un montón de curiosidades sobre a vida mariña!!

VISITA AO PLANETARIO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, xunto coas súas mestras, visitaron o Planetario. Alí aprenderon un montón de cousas sobre a lúa, as estrelas, os planetas... Tamén aproveitaron para "xogar" pola Casa das Ciencias. Pasárono en grande!!

VALES EN NEGRO

POSTO EDUCATIVO NO FOGAR

actividades en línea computadora portátil internet wifi dispositivo  conectado icono de estilo plano 2554301 Vector en Vecteezy

A medida “Posto educativo no fogar” forma parte do programa “Educa en Dixital Galicia”. Esta medida facilita un equipo informático (portátil) e un servizo de conectividade asociado proporcionado a través dun router MiFi. Según os datos TIC recollidos na enquisa, comunicarase as familias dende as titorías a posibilidade de acceder a este equipamento seguindo os seguintes criterios:

1. Non dispoñer de conectividade por fibra/adsl no fogar.

2. A orde de comunicación comenzará dende os cursos superiores cara os inferiores (O alumnado de cursos E-dixgal empregará os recursos “offline” da maqueta ABALAR, só se atenderán circunstancias excepcionais sobrevidas).

3. Nº de equipos dispoñibles no fogar.

4. Nº de irmáns no Centro

Consideracións:

O reparto realizarase en orde ata chegar a finalizar os kits dispoñibles.

A entrega realizarase mediante a formalización dun acordo temporal de cesión coa familia.

O préstamo non poderá exceder o tempo de duración do curso académico. Así mesmo, o centro tamén poderá solicitar a devolución no caso de que cambien as circunstancias que motivaron a necesidade do préstamo.

Distribuir contido