Este luns 3 de xuño o alumnado voluntario de 6º de educación primaria recibiu o seu premio: un obradoiro de radio!!!!
Moitísimas grazas!!!
Os voluntarios "Leotecarios" de 5º e 6º de educación primaria
da Sobreira, premiados cun obradoiro no cole!!
Resultamos seleccionados, polas nosas actividades durante este curso!. Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito.
Moitas grazas.
Este martes, 21 de maio, tivemos a visita da escritora María Canosa. Galardoada polo seu libro "Muriel" e autora dos libros que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria (O Día que Choveu do Revés, Rubicundo, Cazadora de Estrelas e Muriel).
Todo o alumnado gozou dunha amena charla na que María respostou ás súas preguntas.
Fixémoslle entrega dun dos paneis que preparamos entre todo o alumnado para preparar a súa visita e ela agasallounos con gratitude e a sinceridade e frescura das súas vivencias.
Moitas grazas, por transmitirnos o teu amor polas historias.
O martes 23 reunímonos todo o cole no salón de actos. As mestras do equipo da biblio, e “voluntarios leotecarios” explicaron a conmemoración do 23/04. O alumnado de 6ºEI leron pasaxes simplificados do Quixote en formato de noticia, coma que foxen xornalistas.
Falamos da importancia dos dereitos de autor presentando o libro "Los Cuentos de Memi" do proxecto “Inclusión” da asociación Igual-Arte, no que participou o cole.
Para despedirnos agasallamos un punto de lectura polo “Día do Libro 2019”
Durante estes días estamos a traballar con xornais.
Padriños/madriñas e afillados compartiron lecturas de xornais e revistas.
E inspirados polo libro "Contos por Palabras" de Agustín Fernández Paz organizamos o II Concurso de Relatos Breves a partir dun anuncio breve recortado dun xornal.
Agasallamos aos gañadores cun "kit de xornalista": libretiña con boli e marcadores adhesivos de etiquetas variadas, para que non se lles escape nada!!!
"Contacontos por un Día”
polo alumnado voluntario de 5º de Primaria.
As alumnas e alumnos de educación infantil agardan impacientes polos voluntarios lectores mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.
Celebramos o Día da Poesía con lecturas apadriñadas nos patios
e co concurso “Se Te Lengua la Traba”
"Contacontos por un Día” polo alumnado voluntario de 6º de Primaria.
Este curso, todos os xoves o alumnado de 6ºEP vai ler a 1ºEP. Tamén os xoves últimos de mes, únense as rapazas e rapaces de 2º.
As alumnas e alumnos agardan impacientes polos voluntarios lectores mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.
“E Logho ti de Quen Ves Sendo?”
O equipo de biblioteca deseñamos unha actividade de formación de usuarios para todo o alumnado de educación primaria.
A través de varias fichas-xogos traballamos coa nova sinalización de autobuses de BE.
Formamos os equipos de aprendizaxe cooperativa que xa están funcionando nas titorías, para facer os xogos en "folio xiratorio" e "lápis ao centro".
Os alumnos e alumnas voluntarios "leotecarios" de 6ºEP ambientaron a biblioteca con elementos de Harry Potter para estas sesións.
A rede de Bibliotecas Públicas de Galicia preséntanos o novo calendario 2019 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura. Podedes descargar o calendario na versión pdf.
(A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública, segundo o establecido na lei 5/2012 do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia).