Proxecto ARCO

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

blogue deVtornavacas

ECO-LÓXICO

Benqueridas familias,

Poñemos en marcha o proxecto de biblioteca desde curso: “ECO E LÓXICO”. Atendendo a necesidade urxente de contribuir ao coidado ambiental, poñémonos como obxectivo principal a mellora do entorno.

III Concurso de Epitafios

 

IV CONCURSO DE EPITAFIOS

PARA CELEBRAR O SAMAÍN

 

BASES

 

 

 

1. Un epitafio é unha “Inscrición nunha tumba en memoria do defunto.
     

2.participación será individual.

  

3. Premio en cada categoría: azul (1º e 2º), vermella (3º e 4º) e verde (5º e 6º).

  

4.epitafio debe ser orixinal (tes que inventalo ti, non vale copiar).Valorarase que sexa enxeñoso, pero non pode ser ofensivo nin incluír groserías.

  

5.prazo de entrega comeza o mércores 27 de outubro e remata o mércores 3 de novembro.

 

Podedes entregarllo á vosa titora

 

Grazas por participar!!!!!

SEMANA DA PRENSA

 Traballamos cos xornais. Analizamos as distintas tipografías e estivemos a estudar as partes dunha noticia, localizar os mapas meteorolóxicos e recoñecer a publicidade.

III Concurso "Lettering pola PAZ"

“Lettering pola PAZ”!!!

Cada 30 de xaneiro (dende 2014) celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao. O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 Xa que o día 30 tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia i PAZ), Leo León quere unir as dúas cousas e animarvos a que deseñedes un cartel con mensaxe de PAZ.


2ª pista Don Preguntón 2020

Segunda pista para adiviñar o tema do cole deste curso !! 

Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it virtual cal pensas que será o Proxecto deste curso. Envía a túa idea ao mail da nosa leoteca Bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com

 

Saberémolo na celebración do Día das Bibliotecas EscolaresRisaRisa 

Cartel Bibliotecas Escolares (BE) de Galicia 20/21

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021.

O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere  poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...