O vinveiro día 30 de xaneiro celebraremos coma todos os anos o Día a Paz e a Non Violencia. Nas sesións de Educación Musical xa estamos ensaiando a coreografía da canción "Todos juntos" da serie de debuxos Jelly Jam, composta polo grupo La casa azul. Para que saia perfecta (ou case perfecta) aquí tedes o enlace ao vídeo do baile co que podedes ensaiar desde a casa. Non esquezades aprender a letra, sobre todo o retrouso, para que se nos escoite forte, mooooi forte, a nosa mensaxe de amor, amizade e
PAZ!!!
https://www.youtube.com/watch?v=nEvSntbcxNE
https://www.letras.com/jelly-jamm/todos-juntos/
Para conmemorar o 8M estamos a traballar co proxecto "Depende de los 2" premiado polo Ministerio de educación en 2.018
Clicade nas imaxes para visitar o video e outros recursos!!
A bailar!!!!!
Neste curso no que o Proxecto Documental Integrado do cole é "Camiños Virtuais"... a música do mundo atopa O Camiño ♫♩
Aquí tedes un reto: ♪♩♫ FACER RITMOS CUN VASO!
da man do grupo "West Side Bones", cuarteto de Monterroso que fan versións de country/folk americano.
Os nenos e as flores son os protagonistas desta festa. Eles son os encargados de compoñer as cantigas ou rimas. As letras poden ser en tono de broma ou chiste, e sobre todo falan das cousas que pasaron durante ese ano.
ABRAHAM CUPEIRO: Trompetista de formación clásica, tamén forma parte de grupos de folk, jazz, música antiga.
Construtor e multiinstrumentista, recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles.
Podedes pasar pola súa web, ou polo seu Facebook, sempre con videos impresionantes.
Aquí unha mostra: como construirse unha frauta con canas de plástico.
A tocar!!!!!
Se te animas a tocar, aquí tes unha das cancións que máis se escoitan neste confinamento: "RESISTIRÉ". Esta partitura está a dúas voces (a segunda é o renglón de abaixo que comeza máis tarde)
Para practicar podes baixar a velocidade do vídeo ata que consigas tocar toda a canción en tres pasos:
-1º Clica na icona da roda "configuración" do vídeo.
-2º Clica "velocidade de reprodución"
-3º Escolle reducir a velocidade a 0,75 ou 0,5
Ánimo, oímonos nos balcóns!!!
A tocar!!!!!
Se queres participar so tes que seguir o hastag #musicaviral a diario e atopar a partitura para tocar ás sete da tarde.
Engadiuse un "plus". Tras cada peza tocaremos "Resistiré (partitura aquí)", canción do Dúo Dinámico
#músicaviral (partituras aquí)
A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical) propón a todos os que sabemos tocar un instrumento, ou cantar que, nestes momentos difíciles, ás 19h toquemos na ventá ou balcón a partitura que será proposta para cada día co hastag #musicaviral
Oímonos ás 19h.!
A tocar!!!!!
Coidádevos moito, seguide as indicacións que cheguen das Administracións e quedade tranquilos na casa.
->Para traballar as vosas destrezas rítmicas, bailade unha das vosas cancións favoritas unha vez ao día.
->Para mellorar as vosas habilidades entoando, cantade unha canción que vos guste ao día.
->Con respecto ás vosas capacidades auditivas, escoitade moita música.
->Tocade moito a frauta e o voso instrumento da banda, xa que tocar engloba lectura, audición e entoación.
Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!
Se te animas a cantar, (ou a dar o cante) aquí tes unha canción titulada “Ou Iso ou Aquilo” do cd “Alegría” da editorial Galaxia. Pon atención porque trata o tema do proxecto do noso cole deste curso 2.019/20: “De Artes e Oficios”. Á volta podemos gravar un video todos xuntos!! de xeito semellante á gravación do curso pasado de “Sing For The Climate”
A Cantar!!!!!
Reflexionando sobre a inclusión estamos a traballar con esta preciosa SceneMob da asociación ECOM, rodada por 300 persoas traballando pola igualdade.
Percibir a diversidade como un desafío e unha oportunidade para enriquecer o entorno de aprendizaxe e xerar actitudes de normalización, visibilización e trato igualitario en relación coa diversidade.
Preparando a conmemoración do Día das Letras Galegas, o luns 21 celebraremos a II Romaría da Sobreira compartindo unha merenda e concerto didáctico de música tradicional a ritmo de rumba!!!