AMar o Mar

Kayak 5º e 6º

Unha gran xornada en Bouzas!!

 Amar o mar!!!

 

"Poemando" con Antonio García Teijeiro

Este luns, 7 de maio, tivemos a visita do poeta Antonio García Teijeiro. Poeta galardoado polo seu libro "Poemar o Mar" e autor dos poemarios que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria.

 

Todo o alumnado gozou dunha amena charla, recitados conxuntos e unha boa dose de bo humor.

Moitas grazas, Antonio, por deixar esta fermosa pegada en todos nós.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

@s de INFANTIL de marisqueo

 Os nenos e nenas de Educación Infantil, traballaron a reo na praia de Bouzas onde foron mariscar xunto coas súas mestras da man dun grupo de expertos mariscadores.

Aprendendo a Amar o Mar...

 

 Pincha aquí para ver máis fotos 

Semana da Poesía

Durante a semana da Poesía estiveron a compoñer 

poemas. Houbo un concurso diario no que participou, masivamente, a aula de 5º EP. Cada día na corcheira da Leoteca aparecía unha palabra obrigatoria de incluír na creación. Esta palabra sempre foi un dos verbos do marcapáxinas “Amar o mar” que fora o agasallo do día das bibliotecas en outubro.

  O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con poemas.

E xa que o 7 de maio teremos a visita do poeta Antonio García Teijeiro, cada titoría preparou un cartel para compoñer, entre todos, unha exposición afondando na súa biografía, obras e premios.

Quedan expostos no corredor da entrada. Convidamos ás familias a visitar esta mostra no horario de tarde da biblioteca (luns, mércores, xoves e venres de 16h a 18h)

(descarga aquí o tríptico da exposición) 

 

Extra!! extra!! The Sobreira Times-AMar o Mar

Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial:

“The Sobreira Times-AMar o Mar”

que queda exposto no corredor da entrada.


Educación Infantil - illas atlánticas e MARCO

O alumnado de educación infantil visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e o museo MARCO.

AMar o Mar

PDI (Proxecto Documental Integrado) 

Día da Biblioteca (24 de outubro 2017)

Resultado de imagen de biblioteca escolar 2017 xunta

 

Este martes 24 de outubro, Día da Biblioteca, desvelaremos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2017-18 

Nas últimas 5 semanas, cada xoves, foi aparecendo unha pista xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “aMAR o mar”

Your image is loading...

No Día da Biblioteca, todos reunidos, estarán preparados 9 paneis para que un representante de cada titoría suba ao escenario recoller unha botella que terá unha mensaxe no interior.

As botellas abriranse facendo conta atrás, da nº9 ata a nº1 correspondéndose coa CDU xa que cada titoría investigará o tema “Amar o Mar” centrándose en distintos subapartados.

Antes de abrir cada botella proxectaremos imaxes correspondentes con ese apartado da CDU e que xa foran aparecendo nas pistas das semanas previas.

Despois de abertas as nove botellas e por tanto asignada investigación ás 9 titorías un biólogo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) fará unha breve intervención, charla divulgativa.

 

Por último, ao xuntar os pergamiños das 8 primeiras botellas aparecerá a frase do PDI:A-M-A-R-O-M-A-R, e o pergamiño da última botella terá o modelo de marcapáxinas que  todo o alumnado levará como agasallo deste Día da Biblioteca.

descargar video presentación Día da Biblioteca 2017

Derradeira pista do Tema cole 2017-18

 

 

Your image is loading...

Continúan as pistas para adiviñar o tema do cole deste curso !!

A pista nº5 vai de Deportes e oficios...

achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it da corcheira da biblioteca cal pensas que será o Proxecto deste curso.RisaRisa 

Powered by Drupal - Design by artinet