O pasado martes fixemos unha plantación simbólica no bosque do colexio organizada pola Mancomunidade de Montes na que contamos coa axuda do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Xuntos lembramos os incendios que causaron tantos estragos hai dous anos e coincidimos en que, xuntos, podemos recuperar a nosa contorna.
"Manolo" e "Maruxa", castiñeiro e nogueira respectivamente, foron os nomes propostos por Eduardo de 5º para bautizar a estas dúas árbores que xa forman parte do noso patio e que coidaremos con mimo de agora en adiante.
Na Sobreria seguimos...PENSANDO EN VERDE!!!!
Clica AQUÍ para ver máis fotos
Os detectives de 2º EP convídanvos a dar un paseo polas árbores do cole escaneando os códigos QR
Presentámosvos: “Sing For The Climate”!!!
Este video é produto das áreas de plurilingüísmo no proxecto do cole deste curso, “Pensa en Verde”. Decidimos preparar unha canción sobre a importancia de tomar acción para o cambio no mundo e salvar ao noso Planeta.
As nenas e nenos somos o futuro, un cambio de mentalidade é imprescindible para solucionar este grave problema.
- esperar polo video, ou
Patrulla de limpeza!!
o 5 de xuño conmemórase o Día do Medio ambiente. Imos darlle unha volta ao patio recollendo os envoltorios, envases e outro lixo que vai quedando no noso bosque ao longo do curso.
Todos os rapaces e rapazas que estiveron a recoller lixo foron agasallados cun carballo e unha piruleta!!!
Moitas grazas, compis!!
Na aula de 3ºEP estamos a aprender sobre as plantas aromáticas e plantas foráneas “curiosas” polas súas características
Ollade ben esta "pata de elefante" e esta "orella de elefante"!!
Os alumnos e alumnas de 6ºA "Pensando en Verde" estivemos a investigar sobre as enerxías renovables.
Na mañá deste xoves 15 de novembro chegou ao cole un “paquete” moi especial.
(A directora, Conchi, abre o cubo ante todo o alumnado no soportal da entrada)
Un precioso cubo decorado con mimo e detalle, agasallo dos nosos amigos de Móstoles do CEIP Pablo Sarasate. E o interior desta coidada envoltura escondía… tres carballos!!
(alumnado e profesorado do CEIP Pablo Sarasate - Móstoles despedindo os carballos que enviaron á Sobreira)
Nos próximos días, organizaremos para plantalos na parcela que ardeu frente ao noso cole, onde esperamos que estas novas árbores teñan un gran futuro.
Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, desvelamos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2018-19
Nas últimas 5 semanas, foron aparecendo as pistas xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “Pensa en Verde”
No Día da Biblioteca, todos reunidos, presentamos no escenario unha gran árbore para que dous representantes de cada titoría subisen ao escenario recoller unha folla de carballo que escondía unha letra no envés.
Ao xuntar todas as letras formouse o título do PDI.
Por último, Leo León, entregou a mochila viaxeira de cada titoría e un marcapáxinas como agasallo deste Día da Biblioteca.
Preparamos unha serie de actos para conmemorar o primeiro aniversario dos terribles incendios de outubro de 2017.
-Alumnado, profesorado e outro persoal da comunidade educativa de 8 coles da cidade imos reforestar unha parcela fronte o noso CEIP Sobreira-Valadares.
-Preparamos camisetas conmemorativas co "logo" do proxecto: unha árbores con copa de corazón.
Tamén preparamos un gran cartel co nome de cada un dos oito colexios de Vigo, máis outro cartel co nome dos nosos amigos do CEIP Pablo Sarasate de Móstoles. O alumnado do IES Valadares portará estes carteis diante de cada cole.
-Preparamos un cadro de agradecemento á Comunidade de Montes pola súa colaboración preparando a finca que imos plantar, por aportar as árbores e por agasallarnos con panos para todos, de cores distintas para cada cole.
Despois de plantar imos trasladarnos ao Monte dos Pozos, onde cerca de 1.500 persoas completaremos un “abrazo ao monte” que quedará inmortalizado nunha foto aérea e despois compartiremos un tempo de festa con música e xogos.
A banda sonora desta xornada será esta canción "Ven Comigo" de “María Fumaça” que aquí podedes practicar:
A xornada do venres 19 deixounos preciosas imaxes que os compañeiros do CEIP Rodríguez Castelao de Navia recolleron neste video