Educando no Monte

Etiquetas :

Preparamos unha serie de actos para conmemorar o primeiro aniversario dos terribles incendios de outubro de 2017.

-Alumnado, profesorado e outro persoal da comunidade educativa de 8 coles da cidade imos reforestar unha parcela fronte o noso CEIP Sobreira-Valadares.

-Preparamos camisetas conmemorativas co "logo" do proxecto: unha árbores con copa de corazón.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tamén preparamos un gran cartel co nome de cada un dos oito colexios de Vigo, máis outro cartel co nome dos nosos amigos do CEIP Pablo Sarasate de Móstoles. O alumnado do IES Valadares portará estes carteis diante de cada cole.

-Preparamos un cadro de agradecemento á Comunidade de Montes pola súa colaboración preparando a finca que imos plantar, por aportar as árbores e por agasallarnos con panos para todos, de cores distintas para cada cole.

 

 

Despois de plantar imos trasladarnos ao Monte dos Pozos, onde cerca de 1.500 persoas completaremos un “abrazo ao monte” que quedará inmortalizado nunha foto aérea e despois compartiremos un tempo de festa con música e xogos.

A banda sonora desta xornada será esta canción "Ven Comigo" de “María Fumaça” que aquí podedes practicar:

 

.

 

 

 

 

 

 

A xornada do venres 19 deixounos preciosas imaxes que os compañeiros do CEIP Rodríguez Castelao de Navia recolleron neste video

 

descargar video(89Mb)

20181022_175102.jpgCorta_Lumes_xornal_anuncio_Xunta.jpg

Este venres 19 de outubro ...

SOMOS CORTALUMES!!!!

 (as nosas fotos)

 

 

 


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design