Proxecto ARCO

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Pais/Nais

Sobreira Solidaria

 
 
 
 
 
 
 
 

 

Iniciar sesión

blogue deVtornavacas

Extra!! extra!! The Sobreira Times-AMar o Mar

Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial:

“The Sobreira Times-AMar o Mar”

que queda exposto no corredor da entrada.


Semana da Prensa

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Durante a semana da prensa traballamos cos xornais para coñecer as súas seccións. O alumnado fixo unha fotomontaxe coa súa cara nunha imaxe de xornalista.

 

Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial: “The Sobreira Times” que queda exposto no corredor da entrada.


O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con prensa: xornais e revistas. Quen desfruta máis da experiencia, as madriñas e padriños? ou as pequenas e pequenos afillados?

 

Colonia de morcegos na leoteca Bibliosoños

Estimados lectores e lectoras, xa chegou a primavera á leoteca Bibliosoños!!!  

Pasou marzo ventoso e aquí chega xa abril chuvioso cargadiño de: contos, poesías, xornais e novos concursos!

 

Non podemos consentir que as trazas, ou couzas, veñan de lambonas a comer nos nosos libros favoritos, de modo que convidamos a unha pandilla de morcegos (que devecen por comer trazas e couzas) a vivir na nosa Bibliosoños. 

Precisamos un nome para a súa colonia, de modo que, ánimo!, colle unha tarxeta na corcheira á porta da Leoteca e deixa a túa suxerencia  

Tes ata o luns 30 deste mes de abril!

Voluntariado Lector 2018

 

 

 O alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria están de “Contacontos por un Día”

As alumnas e alumnos das aulas de 4º, 5º e 6º de Infantil agardan xa impacientes polo seguinte día de contos mentres van completando o seu “Pasaporte de Lecturas” cos selos que gañan en cada contacontos ao que asisten.

Educación Infantil - illas atlánticas e MARCO

O alumnado de educación infantil visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas e o museo MARCO.

Marzo "verde" - actividades no Rincón Fedello

Estimadas lectoras e lectores,

Este mes de marzo está “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (medioambientais).

 

Quero compartir con vós este almanaque e invitarvos a pasar polo Rincón Fedello nas próximas semanas!!!

(teréi algo preparado para que enrededes “en verde”)

 

 

 

3    Día Mundial da Natureza 

5    Día Mundial da Eficiencia Enerxética 

15  Día Mundial do Consumo Responsable

21  Día Internacional dos Bosques

22  Día Internacional da Auga

24  Día Internacional da Hora do Planeta

 

Un saúdo, o voso amigo Leo León.

Colonia de morcegos na leoteca Bibliosoños

Durante os meses de marzo e abril irán chegando á Leoteca as caixas para acubillar á "Colonia de Morcegos".

Tal como acontece en Portugal, na biblioteca da Universidade de Coimbra (chamada “Joanina”)  

 onde vive unha colonia, real, de morcegos aos que agradecerlles a conservación dos libros grazas á súa dieta de insectos. 

Resultado de imaxes para gusano come libro colore4a 

Organizaremos concursos para darlles nome e acoller na nosa Leoteca a estes novos personaxes que seguro teñen moitos contos e historias para nós.

Un saúdo, o voso amigo Leo León.

#AbrideAfiestra - Día de Rosalía 2018

Participamos da actividade que este curso propón a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG): #AbrideAfiestra

 Penduramos das fiestras da biblioteca carteis con versos e algún elemento iconográfico do seu universo para lles dar luz e compartir as súas verbas con vós.

 

#AbrideAfiestra consiste en ver a muller, a escritora, a irredutible. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai Rosalías que cantan e que falan, Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica.

 

(manifesto completo de María Reimóndez en Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018)

Proxecto Documental Integrado

 

 

2016-17 "Con Vigo na Maleta"

 
     
   
     
     
 

2015-16 "Vivo Vigo con Leo"

 
     
   
     
     

Recomendacións da Leoteca para Nadal

Resultado de imaxes para aceboRecomendacións de contos, poesía, banda deseñada e música para este Nadal. 

Premios do Concurso de Contos de Nadal

\

Na hora de lectura, entregamos os premios do Concurso de Contos de Nadal. Da gusto ver a biblioteca chea de alumnado que  participa das propostas e actividades !!!

Itinerario Lector 2017

Este curso o “Itinerario lector” do colexio céntrase na figura do escritor Antonio García Teijeiro. Por iso, precisamos que merquedes o seguinte libro para levar a cabo unha lectura colectiva no segundo trimestre.

Moitas grazas.

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

Honorato, o Rato Namorado

Honorato, o Rato Namorado

Poemar o Mar

Recendos de Aire Sonoro

Recendos de Aire Sonoro

Recendos de Aire Sonoro

Resultado de imaxes para honorato o rato namorado

Resultado de imaxes para honorato o rato namorado

Resultado de imaxes para poemar o mar

Resultado de imaxes para do aire sonoro garcía teijeiro

Resultado de imaxes para do aire sonoro garcía teijeiro

Resultado de imaxes para do aire sonoro garcía teijeiro

Editorial Xerais

Editorial Xerais

Editorial Xerais

Editorial Xerais

Editorial Xerais

Editorial Xerais

 

Premiados no IV Concurso de Traballos por Proxectos

O proxecto de investigación do cole do curso pasado: "Con Vigo na Maleta"

 premiado pola Consellería no contexto do plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas esco

lares.

As nosas actividades e 

traballos de investigación dentro do Proxecto Documental Integrado "Con Vigo na Maleta" durante o pasado curso foron recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do concurso da Dirección Xeral de Centros

- texto da resolución http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_iv_concurso_tpp.pdf

- memoria presentada ao concurso   http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/descargas/nodos/TPP/1617/36015810_TPP1617_Memoria1_1c3d59.pdf