Benqueridas familias,
Poñemos en marcha o proxecto de biblioteca desde curso: “ECO E LÓXICO”. Atendendo a necesidade urxente de contribuir ao coidado ambiental, poñémonos como obxectivo principal a mellora do entorno.
Para conseguilo plantexamos unha doble vía. Por unha banda, adoitar hábitos e introducir elementos de mellora ecolóxica. Para isto, repartimos responsabilidades por ciclos o que implica unha actuación a nivel de centro.
Pola outra, acompañar todo este proceso de xogo responsable. Xogo libre e desestructurado que coida a creatividade e o medio ambiente; xa que se basea en materiais de descarte.
Xuntamos así creatividade e sostinibilidade e organizamos, ao longo de todo o curso, cinco grandes recollidas adicadas a cinco materiais diferentes.
Para poder levar esta iniciativa ao cabo, precisamos da vosa colaboración, xa que o material o aportades vós. Achegamos a nota para a primeira das recollidas.