Para celebrar o Día do Libro deste ano, o pasado mércores 20 de abril os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita do escritor Miguel López "O Hematocrítico". Xuntos comentaron os contos que os rapaces leron polo Itinerario Lector, "O can", "O meu irmono" e " Feliz Feroz". Ademais de botar unhas risas coas anécdotas que contou o escritor e pasalo xenial, todos saíron da sesión tan contentos cos seus exemplares asinados.
Grazas Miguel, esperamos volverte a ver axiña pola
Leoteca da Sobreira!!