Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!
Terceira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!
Esas cabeciñas non paran!!
Chegan moitas ideas coas pistas de Don Preguntón.
Se queres escribe nun "post-it virtual" cal pensas que será o Proxecto deste curso. Envía a túa idea ao mail da nosa leoteca Bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com
Saberémolo na celebración do Día das Bibliotecas Escolares
Segunda pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!
Achégate a Don Preguntón e se queres escribe nun post-it virtual cal pensas que será o Proxecto deste curso. Envía a túa idea ao mail da nosa leoteca Bibliosoños: ceipsobreira.leoteca@gmail.com
Saberémolo na celebración do Día das Bibliotecas Escolares
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021.
O lema elixido, XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
Este curso o “Itinerario lector” do colexio quería centrarse nas figuras da escritora Ledicia Costas e o ilustrador, dos seus libros, Víctor Rivas. Por iso,
no segundo trimestre, estabamos a ler os seus libros. No mes de abril teríamos recibido a súa visita, para charlar un tempo e firmarnos os libros. Pero nestas circunstancias tan especiais quere mandarnos este saúdo.
Chega xuño e deberían chegar as "Recomendacións de Verán" de Leo León... pero nesta situación tan especial, queremos engadir ao tríptico de recomendacións un RETO PARA VÓS!
Como estamos nestas circunstancias extraordinarias, son as mestras de Infantil as que contan contos e engaden unha proposta de actividade relacionada con esa lectura, os martes e venres:
Recibín mensaxe dos editores do xornal "O Papagaio" e da revista "Reportero DOC" que normalmente están nos andeis do “Rincón Fedello” cando estamos no cole.
Nesta situación extraordinaria, podemos ler o xornal e revista nesta ligazón.
Como estamos nestas circunstancias extraordinarias, os compis contan contos dende a casa e recomendan lecturas:
CONTACONTOS | |
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: |
|