Este curso o “Itinerario lector” do colexio céntrase na figura da escritora Rosa Aneiros . Por iso,
estamos a ler os seus libros.
No mes de abril compartimos unha vídeochamada, para charlar un tempo, compartir opinións e facerlle preguntas.
Os voluntarios leotecarios prepararon puntos de lectura cos fascinantes logros das mulleres recollidas nestes preciosos libros: "Intrépidas" e "Mujeres Exploradoras"
Cada 30 de xaneiro (dende 2014) celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao. O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Xa que o día 30 tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia i PAZ), Leo León quere unir as dúas cousas e animarvos a que deseñedes un cartel con mensaxe de PAZ.
Este curso celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, presentando as normas "con sentidiño" para a nosa Leoteca Bibliosoños e desvelando o Proxecto Documental Integrado para este 2020-21