Este curso conmemoramos o Día do Libro #NaCasa
Nestes días, abrir un libro e voar polas súas páxinas será un gran paseo. Moito ánimo familias! Unha páxina menos para chegar ao último capítulo desta situación extraordinaria.
Nenas e nenos da Sobreira, parabéns! sodes súper!
INVENTA UN CONTO A PARTIR DUN DEBUXO DE LEANDRO LAMAS
Durante estes días aparecen na internet numerosos agasallos. Quero aproveitar a xenerosidade do ilustrador Leandro Lamas que está a colgar no seu facebook “debuxos paso a paso”. para pedirvos que inventedes un relato a partir dun dos tres debuxos de Leandro Lamas.
- DEBUXO 1 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)
- DEBUXO 2 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas)
- DEBUXO 3 (clica aquí para ir ao facebook de Leandro Lamas cos pasos)
Á volta podemos facer unha gran exposición cos vosos debuxos e publicar un bonito libro cos contos que lles inventedes!!.
Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!
Hoxe, Día da Poesía, non podemos encher os patios e corredores do cole de lecturas apadriñadas coma en cursos pasados, pero ANÍMATE recita poemas coa familia, colga a túa poesía favorita na ventá ou inventa rimas disparatadas!!!
Tedes toda a información na web do cole no "Departamento de Orientación"
Entregamos os premios do II Concurso de Lettering pola PAZ.
As rapazas e rapaces amosaron a súa arte para escribir mensaxes de PAZ cunha elevadísima participación
Organizo un concurso!!!!!
Co gallo do día 31 de outubro, “Samaín”, propóñovos que lle deades un pouco ao “coco” e pensedes un epitafio!!!.
Unha frase orixinal, divertida, enxeñosa… para escribir nunha lápida!!
Este 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, entregamos as mochilas viaxeiras a cada titoría e desvelamos o Proxecto Documental Integra
Derradeira pista para adiviñar o tema do cole deste curso !!