Este martes, 21 de maio, tivemos a visita da escritora María Canosa. Galardoada polo seu libro "Muriel" e autora dos libros que estamos a ler este curso na sesión de lectura nas aulas de Primaria (O Día que Choveu do Revés, Rubicundo, Cazadora de Estrelas e Muriel).
Todo o alumnado gozou dunha amena charla na que María respostou ás súas preguntas.
Fixémoslle entrega dun dos paneis que preparamos entre todo o alumnado para preparar a súa visita e ela agasallounos con gratitude e a sinceridade e frescura das súas vivencias.
Moitas grazas, por transmitirnos o teu amor polas historias.