Blogue de ceip.sobrado.nebra

Merenda saudable

 

 

O venres tivemos unha merenda saudable na escola de Nebra por cortesía da mamá de Lucía, de segundo curso, que nos trouxo un montón de laranxas. Moitas gracias!

Estaban boísimas, puxémonos as botas =)

 

 

English Maths

 

Estamos no mes do entroido e hoxe aos nenos e nenas de 2º chegoulle un profesor inglés para darlles matemáticas.

O seu acento era de moi,  moi do sur. Mirade a rección do alumnado. Como atenden. Entenderan ao mestre?

 

 

 

Contadas no IES de Porto do Son

 

 

Os rapaces e rapazas de educación infantil e primeiro e segundo curso da nosa escola fumos o día 23 de xaneiro ao instituto do Son a que nos contaran os compañeir@s un conto.

Gustounos moito "A vaca que puxo un ovo" e Jamie saiu a explicar como era o conto da "Bruxa regañadentes".

 

Festival de Nadal 2016

 

 

O festival de Nadal en Nebra veu cargado de visitas! Os amigos de Ámbar intepretaron para nós a obra de teatro "O pavo fachendoso" e puidemos falar con Papá Noel sobre os nosos agasallos, aínda que non conseguimos ver o seu trineo cos renos...

Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos!

 

"O pavo facendoso"

 

Visita e charla de Arca

 

 

O pasado mes de decembro tivemos a sorte de contar con Luisa, a nai dunha alumna que forma parte da asociación protectora de animais Arca.

Explicounos a toda a escola as costumes dos lobos e que, por suposto, non son animais malos. Ademais, ela e os seus compañeiros e compañeiras trouxéronnos un can-lobo e dous cans para ensinárnolos e que puidesemos agarimalos. Encantounos!

 

La hora del código-Star Wars

  • Ler máis
  • La hora del código-Star Wars

  • Ler máis
  • O lobo de Nebra

     

    Gran estreno en Nebra: " O pavo fachendoso " .

     

     

     

    La hora del código-Star Wars