Recomendámosche

Inauguración-exposición da biblioteca, Día das Letras Galegas

 

 

O Día das Letras Galegas inauguramos o novo espazo da biblioteca da escola. Despois de obras, cambios e moito traballo, temos un ambiente un poquiño máis acolledor e tíñamos que celebralo. 

 

Aproveitamos a temática galega para facer unha exposición dos debuxos de Daniel Santos, ilustrador sonense que nos cedeu as súas obras e sempre nos axuda un montón. Mil gracias, Daniel! 

 

Primeiro ensinámosvos a aqueles que non puidestes vir que chula nos quedou a biblio:

Guía de lectura colaborativa cos centros do concello

 

Deixamos o enlace onde podedes consultar a guía de lectura do ano 2018 elaborada polos centros da contorna. Nela aparecen os títulos que se consideran interesantes como lectura para cada idade, tendo en conta as novidades de cada ano.

 

https://issuu.com/etikeles/docs/guia_de_lectura1

 

 

 

Fondo solidario de libros de texto

 

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

Comezamos co proxecto dos xirasoles

 

Hoxe comezamos un proxecto de traballo sobre os xirasoles, e que mellor maneira que plantar semillas para ver se nos nacen e podemos observar como medran.

Aí vos deixamos uns vídeos e unhas fotografías de como foi o proceso. Un saúdo! 

 

 

IX Carreira pola Lectura

 

 

O pasado venres saímos a Portosín participar na IX Carreira pola Lectura, con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril). Corrimos moito e todas e todos levaron un libro como agasallo.

 

 

 

Os gatos

 

 

As nenas e nenos da aula de educación infantil estiveron a traballar nun proxecto sobre os gatos. Aquí vos explican un poquiño do que aprenderon!

 

Proxecto "Os castros"

 

 

A aula de primeiro e segundo de primaria estivo a traballar un proxecto sobre os castros. Aquí vos deixamos un vídeo nos que as nenas e nenos falan un pouquiño sobre como desenvolveron a temática e sobre o que aprenderon.

Bo traballo!

 

Os peixes

 

Onte comezamos o proxecto sobre os peixes na aulas de infantil e de 1º e 2º A. Para isto, collímoslle peixe á peixeira que para diante da escola, escollimos un xurelo, un lirio e unha faneca.