Fondo solidario de libros de texto

 

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

 

 

 

 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

 

 

 

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

-Presentación de solicitudes do alumnado ata o 22.06.2018

 

 

 

-Publicación ás listaxes provisionais 26.06.2018

 

 

 

-Publicación listaxes definitivos 29.06.2018

 

 

 

-Entrega dos libros ao alumnado/vales material escolar desde 29.06.2018 ata o inicio do curso.