Animación á lectura

Características da biblioteca

A biblioteca da escola está situada na entrada do edificio. O pasado curso realizáronse obras para poder facer uso da mesma de maneira máis cómoda e acolledora, facendo un espazo diáfano e máis iluminado que invite á lectura.

Actualmente contamos con aproximadamente 1400 fondos catalogados, entre os que se atopan libros de consulta, literatura e material audiovisual. Contamos cunha pequena mesa  para que os estudantes se poidan sentar a ler ou a consultar información de maneira tranquila (xa sexa de maneira individual ou en grupo).

Proxecto de biblioteca sobre os Beatles

 

 

Amosámosvos un pouquiño dos nosos traballos e procuras de información sobre os Beatles. Grazas ás familias polas súas aportacións!

 

Contadas no IES de Porto do Son

 

 

Os rapaces e rapazas de educación infantil e primeiro e segundo curso da nosa escola fumos o día 23 de xaneiro ao instituto do Son a que nos contaran os compañeir@s un conto.

Gustounos moito "A vaca que puxo un ovo" e Jamie saiu a explicar como era o conto da "Bruxa regañadentes".

 

Contacontos - O monstro rosa

 

 

Hoxe tivemos a sorte de que nos acompañara Ana, coa que traballamos o conto "Monstro rosa". Nel trátanse valores tan importantes como o compañeirismo e o respecto pola diversidade.

 

 

 

Cocorico

 

 

Xa fai uns días que a profe Miryam nos ven visitando á clase para contar e cantar contos. Desta volta tocoulle a "Cocorico", un pitiño que se atopa en problemas co Gato Pelado.

Primeiro vimos como era o conto...