Características da biblioteca

A biblioteca da escola está situada na entrada do edificio. O pasado curso realizáronse obras para poder facer uso da mesma de maneira máis cómoda e acolledora, facendo un espazo diáfano e máis iluminado que invite á lectura.

Actualmente contamos con aproximadamente 1400 fondos catalogados, entre os que se atopan libros de consulta, literatura e material audiovisual. Contamos cunha pequena mesa  para que os estudantes se poidan sentar a ler ou a consultar información de maneira tranquila (xa sexa de maneira individual ou en grupo).

En canto á dotación en novas tecnoloxías,  contamos cun ordenador, que é o que se utiliza para toda a xestión do programa Meiga e para a consulta do alumnado.