Os peixes

 

Onte comezamos o proxecto sobre os peixes na aulas de infantil e de 1º e 2º A. Para isto, collímoslle peixe á peixeira que para diante da escola, escollimos un xurelo, un lirio e unha faneca.

 

 

O encargado do día de educación infantil pagoulle á peixeira.

 

Xa na aula, vimos os peixes, as partes do seu corpo e ata os abrimos para ver como son os seus órganos internos.

 

 

 

 

 

 

Boa fin de semana!