O lobo de Nebra

 

Os nenos da clase de 2º e 3º estivemos traballando o lobo como centro de interés de diversas actividades. Todo comenzou na clase de música na que seguindo a letra dunha canción os nenos e nenas nos identificamos coas diferentes personaxes do conto de "Caperuchiña Vermella" e éstos con diferentes intrumentos musicais. Así a " Caperuchiña " sería un crótalo, agudo e pequeno. A nai, un triángulo, tamén agudo pero máis competente. A avoa, unha maraca que recorda os sons dos ósos. O lobo, serían as claves, fortes e chocantes.  Por último os cazadores cos seus pandeiros que representarían as escopentas ameazantes e sonoras. A dramatización quedou asegurada coas vestimentas que os rapaces foron traendo das súas casas, ademáis das temidas escopetas feitas todas con material de refugallo.

 

A partir de aquí se nos plantexou un gran debate : O lobo é sempre malo ? As mentes comenzaron a debatir : cazadores si, cazadores non, a preocupación polo ecosistema, o medio ambiente... Todo isto tivo como colofón a visita ao centro da nai María Caamaño Santos que nos explicou a importancia do lobo na recuperación de determinados habitats. María estivo acompañada por membros dunha coñecida protectora de animais que ademáis de deleitar aos nenos coas peripecias dun "lobito bueno" dun conto, trouxeron ao cole unha cría dun lobo checo e outras razas de cans, uns deles entrenado para axudar á policía.

 

Aquí tendes unhas fotos da experiencia e o video da canción "Caperuchiña".

 

 

 

AnexoTamaño
IMG_9687.flv3.73 MB
IMG_9866.jpeg1.56 MB
IMG_9867.jpeg2.51 MB
IMG_9872.jpeg1.01 MB
IMG_9661.JPG1.46 MB
IMG_9662.JPG1.63 MB
IMG_9672.JPG1.56 MB