Blogue de ceip.sobrado.nebra

ADMISIÓN DE ALUMNADO

NOTA INFORMATIVA

 

Todas as solicitudes presentadas no centro para a incorporación de novo alumnado foron aceptadas ao non superar o número de vacantes ofertadas.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Un saúdo do profesorado.

Os gatos

 

 

As nenas e nenos da aula de educación infantil estiveron a traballar nun proxecto sobre os gatos. Aquí vos explican un poquiño do que aprenderon!

 

XORNADAS DE CULTURA SAUDABLE NO CEIP SOBRADO NEBRA

Durante catro semanas seguidas todos os xoves realizaremos unha andaina pola nosa parroquia.

O obxectivo destas andainas é que o alumnado coñeza o seu entorno así como disfrutar de realizar actividades de lecer ao aire libre.

O alumnado de 4º,5º e 6º para cada andaina preparará un roteiro co percorrido e información dos lugares, monumentos, etc... visitados.

Pincha aqui para ver o video resume da I Xornada de Cultura Saudable por Nebra

Proxecto "Os castros"

 

 

A aula de primeiro e segundo de primaria estivo a traballar un proxecto sobre os castros. Aquí vos deixamos un vídeo nos que as nenas e nenos falan un pouquiño sobre como desenvolveron a temática e sobre o que aprenderon.

Bo traballo!

 

Entroido 2017

 

 

O pasado venres celebramos o Entroido na escola de Nebra. Estamos a traballar sobre os castros, así que eleximos os castrexos como temática para disfrazarnos.

Durante a festa fixemos unha actuación todos xuntos e os alumnado da profe Estíbaliz bailaron unha canción simulando o cortexo entre os habitantes de Baroña e os de Foloña. Despois merendamos todos xuntos doces típicos desta festa que nos aportaron as familias. Grazas por tanta axuda!

Botade un vistazo aos guapísimos castrexos e castrexas.

 

ÁNGULOS E XEOMETRÍA

Como estamos a traballar os ángulos e a xeometría , deixámosvos esta unidade didáctica n aque podedes repasar os conceptos traballados na escola.

 

UNIDADE DIDÁCTICA DE XEOMETRÍA

A escola en Twitter e Facebook

 

 

A nosa escola creou unha conta de Twitter e unha páxina de Facebook, seguídenos!

 

PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2017/18

 

Proceso de admisión para o curso 2017-2018

PRAZO:  Dende o día 1 ata o día 20 de Marzo de 2017. O día 1 de marzo o centro permanecerá pechado polas vacacións de  Entroido.

Visítanos Daniel Santos

 

 

O pasado venres contamos coa visita de Daniel Santos, debuxante e padriño de Ainhoa, da clase de infantil.

 

 

 

Mandados do Meco

 

 

Para a semana próxima, o Meco deixounos os seguintes mandados. Animádevos!