Visítanos Daniel Santos

 

 

O pasado venres contamos coa visita de Daniel Santos, debuxante e padriño de Ainhoa, da clase de infantil.

 

 

 

 

 

Invitámolo á escola para que nos explicara como traballa, que tipo de debuxos fai e preguntámoslle un montón de  cousas. Ademais, os nenos e nenas de infantil estaban especialmente interesados en que debuxara un gato. E ata falaron co micho!

 

 

 

 

Tamén nos ensinou algunha das ilustracións que xa fixo e para agradecerllo agasallámolo cun debuxo noso.

 

 

 

Por último, creou para nós a super heroína Nebra Girl. Ollade que chula lle quedou. Volve pronto, Daniel!