Blogue de ceip.sobrado.nebra

ADMISIÓN DE ALUMNADO E DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

Publicamos a lista DEFINITIVA de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018-2019.

 

Aberto prazo de admisión

 

 

BENVID@S Á ESCOLA DE NEBRA

 

FONDO SOLIDARIO , AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Ata o 23 de xuño.

Comezamos co proxecto dos xirasoles

 

Hoxe comezamos un proxecto de traballo sobre os xirasoles, e que mellor maneira que plantar semillas para ver se nos nacen e podemos observar como medran.

Aí vos deixamos uns vídeos e unhas fotografías de como foi o proceso. Un saúdo! 

 

 

III Andaina Saudable

 

O xoves da semana pasada continuamos coas nosas andainas saudables pola contorna. Nesta ocasión fumos ata a praia de Aguieira, onde nos esperaba un garda medioambiental e as traballadoras da Cruz Vermella.

Entre todos fixemos unha limpeza da praia, pero tendo moito coidado de non molestar á pígara das dunas, que é un paxaro que está en perigo de desaparecer debido aos maltratos humanos. 

Como ven sendo costume, deixámosvos un vídeo-resumo de toda a saída. Un saúdo!

 

Miryam tócanos o acordeón

 

 

O martes pasado tivemos a gran sorte de que Miryam trouxo o seu acordeón á clase, nos tocou unhas pezas e bailamos moito! Todos lle pedimos que repitira =) 

 

 

Proxecto Elisa

A Escola de Nebra é un dos centros educativos que colabora co Proxecto Elisa, a cargo da da facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. 

 

 

Iniciación aos dobles

 

 

Velaí como se fai o doble de cinco!

 

IX Carreira pola Lectura

 

 

O pasado venres saímos a Portosín participar na IX Carreira pola Lectura, con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril). Corrimos moito e todas e todos levaron un libro como agasallo.

 

 

 

II Andaina Saudable

 

 

Dende a escola seguimos coas andainas saudables, ahí vos deixamos o vídeo-resumo da segunda saída que fixemos por Nebra.

 

Esperamos que vos guste =)