Hoxe tivemos a sorte de que nos acompañara Ana, coa que traballamos o conto "Monstro rosa". Nel trátanse valores tan importantes como o compañeirismo e o respecto pola diversidade.
Hoxe tivemos a sorte de que nos acompañara Ana, coa que traballamos o conto "Monstro rosa". Nel trátanse valores tan importantes como o compañeirismo e o respecto pola diversidade.
O alumnado de 4º,5º e 6º de primaria reclamamos ter un espazo de lectura dentro da aula.
Gustaríanos ter tarima na biblioteca de aula!!!
O profesor comentounos que había madeira que sobrara no almacen do centro.
Entón, nós dixemos mans á obra !!!
O día 22 de novembro tivemos a visita de Ambar, unha asociación de persoas con diversidade funcional con sede en Ribeira.
A misión de Ambar é "promover a independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional". Así o compartiron con nós e nos explicaron os obradoiros de traballo que levan a cabo, os proxectos que están a desenvolver e os seus obxectivos na comunidade.
Quedamos moi agradecid@s. Aí volo ensinamos!
O mannequin challenge chegou a Nebra!
Este reto consiste en grabar un vídeo con tódolos protagonistas inmóbiles, como se foran maniquís nunha escena conxelada. Na escola non podíamos ser menos =)
Aquí vos amosamos como o profe Juan capturou o momento en que vari@s alumn@s e máis a profe Nati xogaban ao trompo.