REGALO DOS REIS PARA A AULA DE INFANTIL.

Ola.

Moi bo ano 2018 a todos e todas!!

Como non podía ser doutra maneira os Reis Magos acordáronse de nós e deixaron un regaliño para a nosa aula. Foi unha grande sorpresa!

Fixemos moitas suposicións do que podería haber dentro daquelas caixas, unha grande e outra pequena, aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica:

 

caixa pequena abrindo a caixa grande
Na caixa pequena había uns xogos de letras e números e unhas paletas de cores.  E na grande un montón de poliexpán cun caixón de madeira debaixo...

 

Cando por fin demos quitado a embalaxe descubrimos que se trata dunha CAIXA DE LUZ!! e xa vimos as cores que ten, que por certo son moitísimas... azul, lila, verde, branco, amarelo, rosa, vermello... e xa estreamos algún dos xogos...

 

caixa de luz caia de luz encendida
caixa de luz caixa de luz con letras
xogando coa caixa de luz xogando coa caixa de luz

 

Estamos encantados con esta nova ferramenta para a investigación, imaxinación, percepción, experimentación, relaxación... premendo aquí podedes ver para que serve e como se utiliza a caixa ou mesa de luz.

 

Moitas grazas Maxestades.

 

Saúdos a todos e todas.

a

 

Powered by Drupal - Design by artinet