AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25. FONDOLIBROS

 ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   os modelos de solicitude obteranse por vía electrónica na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente optarán por dúas formas de  presentación:

 

  • Presentación no centro: imprimir solicitude e o anexo II, asinala e entregala coa documentación acreditativa.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal

Presentación de solicitudes: ATA O 21 DE XUÑO (este incluído)

Xunto coa solicitude entregarase a documentación complementaria necesaria en cada situación que aparece no artigo 11 da ORDE da convocatoria.

 

Powered by Drupal - Design by artinet