O venres 15 de marzo, Guillermo Bilbao Ogando, fisioterapeuta da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria de Tenorio,
coordinador do programa de prevención da dor de costas en alumn@s de educación primaria que se está realizando dende
a área sanitaria de Pontevedra-Salnés (SERGAS) e responsable da actividade nos Concellos de A Lama, Pontecaldelas, Forcarei
e Cerdedo-Cotobade impartiu unha charla ao alumnado de 5º e 6º.
Dende hai uns anos estase levando a cabo dito programa ante a detección dun incremento da prevalencia de lumbalxias/dorsalxias
nos adolescentes da área sanitaria. O obxectivo do programa é intervir nos estudantes de educación primaria co fin de previr
a aparición destes episodios, ou reducir a discapacidade asociada a eles, antes de chegar a idade onde soen aparecer (adolescencia).