CAMPAÑA COMEDORES ESCOLARES: COME LOCAL

O noso centro é un dos centros escolares participantes na IV edición da " COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadedegalicia.

Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP,IXP e Ecolóxicos de proximidade ) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nosos nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe en Galicia e cunha trazabilidade garantida.

 

MÉRCORES 13 DE DECEMBRO: TENREIRA GALEGA

 

Degustamos o primeiro alimento da campaña COME LOCAL:Tenreira galega.
Tamén se repartiron receitarios con interesantes receitas e información sobre a Indicación Xeográfica Protexida.
 
VENRES 15 DE DECEMBRO: TARTA DE SANTIAGO
 
Degustamos a rica TARTA DE SANTIAGO. Deliciosa sobremesa.
 
 

 VENRES 12 DE XANEIRO: QUEIXO ARZÚA - ULLOA

Tocoulle ao QUEIXO ARZÚA - ULLOA, unha sobremesa que fixo as delicias dos nosos comensais que xa o coñecían e a posibilidade de probalo aos que nunca o fixeran.

MÉRCORES 24 DE XANEIRO: CHARLA PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º

Ana faloulle ao alumnado sobre os alimentos locais de calidade, que son os de proximidade, teñen certificados de orixe e/ou certificados ecolóxicos.

Falaron sobre as Denominacións de Orixe Protexidas ( DOP ) e as Indicacións Xeográficas Protexidas ( IXP ) e que produtos galegos teñen estas certificacións.

Tamén falaron da agricultura e gandaría ecolóxicas e o seu consello regulador, aquí en Galicia, CRAEGA.

Por último, falaron de como poden aplicar o aprendido  para alimentarse mellor e o importante que é o traballo de tódalas persoas involucradas en que lles cheguen alimentos ao prato. 

VENRES 8 DE MARZO: FABAS DE LOURENZÁ

Cuarto producto degustación do programa COME LOCAL: FABAS DE LOURENZÁ. Preparadas con ameixas por Vanessa, deliciosas.

VENRES 10 DE MAIO: FROITA ECOLÓXICA

Quinto producto degustación: froita ecolóxica. Neste caso kiwi.

Powered by Drupal - Design by artinet