BENVIDOS AO CURSO 2019 - 2020
|
REANÚDASE A ACTIVIDADE PARA TRÁMITES ADMINISTRATIVOS
A partir do luns 11 de maio reanúdase a actividade para trámites administrativos.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Martes e xoves de 10:00h a 12:00h
Recoméndase manter a distancia de seguridade e o uso de mascarilla.
PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NO CORREO DO CENTRO:
ceip.sanxoan.bautista@edu.xunta.es
FINAL DE ETAPA
Este curso non puidemos celebrar a festa de graduación. Pero o noso alumnado leva igualmente a súa orla de recordo.
![]() |
![]() |
PARABÉNS E SORTE A TOD@S NA NOVA ETAPA QUE COMENZARÁN EN SETEMBRO.
FELIZ VERÁN!!!!!!!!!!!!
COMEDOR ESCOLAR 2020 - 2021
As autodeclaracións deberán presentarse cubertas no centro antes do 11/09/2020
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL
Pincha aquí para obter máis información
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES
REMATA O 19 DE XUÑO
|
AVISO IMPORTANTE ADMISIÓN ALUMNADO
Ábrese de novo o período de admisión do alumnado que veña por primeira vez ao centro. Será dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio.
As persoas interesadas poderán facer a solicitude de forma telemática ou entregar a documentación no centro no horario de atención ao público.
DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL
Aquí vos deixamos dous videos:
1. Coas fotos das persoas que se animaron a ensinarnos o seu recuncho de lectura.
2. Cos videos dos lectores e lectoras que nos leron algún poema, conto ou fragmento dun libro.
Esperamos que vos gusten. Moitas gracias a tod@s os que participastes nesta iniciativa
3º TRIMESTRE
MENSAXE DE LUIS VALLECILLO ( A ver se vos acordades del. Estivo no cole co seu gato MIMÍ)
Xa queda menos para rematar estes días tan incertos. Con motivo da actitude tan xenerosa dos nosos cativos neste confinamento, en donde están a mostrar unha capacidade de adaptación e de confianza fora do normal, gustaríame agradecerlles o seu esforzo e ofrecerlles un agasallo para facer estes días na casa un pouquiño más entretidos, unha pequena aportación para darlles máis recursos ás nais e pais que están facendo tamén todo e máis por levar esta situación o mellor posible.
Deixámosvos aquí o link á web desde onde podedes descargar o meu libro "Cantamos?" , contos e cancións ilustradas, apoiados con pictogramas, para compartir coas familias do voso centro.
ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO, XOVES 23
Hoxe, 23 de Abril, celebramos un día do libro un pouquiño distinto, porque estamos nas nosas casas e.... claro, alí non podemos xuntarnos cos compañeiros e profes para facer actividades na biblioteca do cole. Pero non por iso temos que deixar de celebralo. Dende a biblioteca propoñémosvos unha actividade que pode ser moi divertida: queremos que nos ensinedes o voso recuncho da lectura, o sitio onde ledes habitualmente. Pode ser calquera... a cama, a mesa da cociña, un coxín no chan, o sofá, o xardín.... serven todos. E que nos enviedes un vídeo ou unha fotografía lendo un conto. Logo os profes faremos un vídeo con todo o que nos mandastes e colgarémolo na páxina web do colexio.
Instrucións:
1.- Facemos unha fotografía ou un vídeo lendo un conto.
2.- Enviámola ós profes mediante correo electrónico.
3.- Estamos pendentes da páxina web do colexio para poder ver o vídeo.
Data límite para enviar: luns, 27 de Abril
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Correo electrónico para enviar fotos e vídeos: profecriscerdedo@gmail.com
Lede un libro que vos guste en castelán, galego ou inglés solo ou en familia, e enviádenos unha foto ou unha gravación en
video ÁNIMO E PARTICIPA!!!!!!!
Seguindo indicacións da Consellería a actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave, na Aula Virtual.
Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.
Deixámosvos un video de ánimo para os nosos peques que están resistindo como campeóns esta situación.
ÁNIMO. Queda menos para volver a estar xuntos. Seguimos unidos na distancia. Esperamos que vos guste. Biquiños e apertas.
IMPORTANTE:MARTES 21 DE ABRIL
Boa tarde, familias!
Hoxe o profesorado mantivemos unha reunión virtual e decidimos que seguiremos subindo as actividades á aula virtual. Serán para facer on line, en fotocopias ou na libreta a partir do libro de texto. Indicarase tamén a data de entrega de cada actividade. O xoves o persoal do concello repartirá os libros que necesitades polas vosas casas e o material fotocopiable aos que o solicitastes. Tamén recollerán traballos que teñan feitos os nenos e nenas. Tendeos preparados co nome.
Recordamos a importancia de que o alumnado siga realizando as tarefas programadas a distancia para a corrección e valoración do profesorado de cara á 3ª avaliación.
Por último, o xoves 23, celébrase o Día do Libro, organizaremos algunha actividade diferente que xa vos comunicaremos.
Sen máis, un cordial saúdo.
2ª AVALIACIÓN
Para comunicar as notas do alumnado da 2ª avaliación vamos utilizar a aplicación abalarMóbil. Se pinchades na imaxe levaravos á páxina da Xunta onde vos explica como descargar a aplicación e o seu uso.
A data de publicación é o xoves 2 de abril a partir das 12.00h. Se alguén ten problemas para descargar a aplicación, non pode consultar as notas despois desa data, quere comentar algunha nota co profesorado ou calquera outra cousa non dudedes en enviar un correo ao centro.
Recordade que é necesario que nos comuniquedes se cambiastes o número de teléfono recientemente para actualizar os datos en XADE para non ter problemas coa app.
AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIOS DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR
As familias que queiran recibir estas axudas deberán presentalas por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha persoa ten dificultades e desexa que o equipo directivo colabore na formalización da solicitude deberá facer a solicitude entre o luns 30 e martes 31 a través do correo do centro ceip.sanxoan.bautista@edu.xunta.es. A dirección porase en contacto con vós para que lle enviedes a documentación necesaria.
O prazo para facer estas solicitudes remata o 6 de abril.
Na siguiente páxina podedes consultar a información.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697
ACTIVIDADES PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES
Pincha na imaxe para obter información
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021
Aberto o prazo para solicitar admisión para o curso 2020/2021 para alumnado que veña por 1ª vez ao centro.
A reserva de praza farase no propio centro entregando o ANEXO II de solicitude ou telemáticamente na aplicación admisión alumnado da Consellería de Educación.
Pincha aquí para obter máis información.
IMPORTANTE: O período de admisión para o curso 2020-2021 queda aplazado ata novo aviso. Unha vez que se reanuden as clases indicaranse as novas datas.
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
TRABALLANDO EN IGUALDADE
Para conmemorar o 8M onte realizamos unha xincana de corresponsabilidade nas tarefas domésticas do fogar. Actividade organizada polos Servizos Sociais do concello de Cerdedo- Cotobade e realizada por ANIAS.Pincha na imaxe para ver as fotos.
O alumnado tamén realizou un traballo de investigación sobre
MULLERES IMPORTANTES DE PONTEVEDRA. Pincha aquí
XII ANIVERSARIO DO CENTRO DE DÍA
O venres 6 de marzo asistimos ao auditorio para ver a obra de teatro A CHEGADA DA PRIMAVERA da compañía " Os ilusionistas " invitados polo Centro de Día que celebraron o seu XII aniversario.
CHARLA SOBRE A RECICLAXE DO ACEITE
Charlas cos cativos dos centros educativos!!! O dpto medio ambiente continúa as xornadas de concienciación sobre a importancia de separar na casa o aceite usado de cociñar. Coa colaboración da empresa @CompostelaInserta encargada da recollida,o mércores 4 de marzo visitáronnos. O alumnado aprendeu as consecuencias de botar o aceite polo wc ou fregadeiro e que co aceite podemos facer biodiesel, xabóns ou deterxentes.
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA, traballamos co poema Miña casa, meu lar. O alumnado cubriu unha ficha sobre a elaboración do caldo na súas casas, acompañada de fotos. Con todas fixemos un mural.
Patricia, no comedor, tamén nos preparou un delicioso caldo. Ademáis explicoulles a algúns nenos e nenas a receta.
![]() |
![]() |
ENTROIDO 2020
Ras, bolboretas, tartarugas e abellas desfilaron polas rúas de Cerdedo.
Gracias ás persoas que nos acompañaron nesta celebración e ao persoal do concello polo recibimento que nos fixeron na praza.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
SAÍDA DE ED. INFANTIL E 1º DE ED. PRIMARIA: O LOBO E A LÚA
DÍA DA PAZ 2020
![]() |
MERCADILLO
SOLIDARIO |
CELEBRACIÓN DO NADAL
A última semana do 1º trimestre estivo cargadiña de interesantes e dinámicas actividades moitas delas relacionadas coa celebración do Nadal.
MARTES 17
CHARLA SOBRE IGUALDADE
Traballamos a igualdade dunha forma moi divertida con Paula.
![]() |
![]() |
![]() |
MÉRCORES 18
VISITA DE PAPÁ NOËL
![]() |
![]() |
![]() |
XOVES 19
MUNDO NADAL
Pola mañá, obradoiros, toro mecánico, hinchables, baile, pista de xeo e moita máis diversión tivemos no programa MUNDO NADAL organizado polo Diario de Pontevedra no recinto feiral.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ACTUACIÓNS
Pola tarde, representamos varias cancións para os compañeiros que preparamos na clase de música.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
VENRES 20
ANIMACIÓN MUSICAL
Música, baile, diversión............e
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Riquííísimo chocolate con churros!! | ![]() |
VISITA AO CONCELLO
Mércores 11 de decembro clase de Sociais moi interesante e amena. Coñecemos o funcionamento do noso concello da man do propio alcalde e a tenente alcalde. Algúns técnicos tamén nos explicaron como funcionan os seus departamentos: servicios sociais, medioambiente, deportes....... E obsequiáronnos cun libro de Os Bolechas no concello de Cerdedo- Cotobade traballando pola igualdade.
GRACIAS a tod@s pola súa amabilidade e o bo acollemento que nos fixeron.
![]() |
![]() |
||||||
![]() |
![]() |
![]() |
|||||
![]() |
Aproveitamos para coñecer a EIRA DA PEÑA e explicar o uso dos hórreos.
|
SAMAÍN - MAGOSTO 2020
O mércores 30 de outubro celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Pola mañá concurso de cabazas e disfraces. Aquí vos deixamos un video para que vexades que elaboradas quedaron as cabazas e que terroríficos disfraces.
Pola tarde, celebramos o MAGOSTO. Xogos populares e castañas asadas.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
25 DE NOVEMBRO: DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Pincha na imaxe
BRAULIOTUBER ![](/centros/ceipsanxoanbautista/system/files/u2/ceip-virxe-da-pena-da-sela-18-06-2019-1455.jpg)
O martes 22 de outubro tivemos unha visita moi especial: Braulio, un dos irmáns Bolechas.
Veu gravar un capítulo dos Bolechas: Braulio Tuber para a Televisión de Galicia. O tema elexido foi A MODA.
![]() |
![]() |
![]() |
Pasámolo moi ben e agora estamos agardando vernos na tele. Que emocionante!
Xa vos avisaremos cando saibamos a data da emisión,
Anexo | Tamaño |
---|---|
MAGOSTO 2019 (convert-video-online.com).mp4 | 141.47 MB |
ADMISIÓN 20-21.pdf | 221.31 KB |
ADMISIÓN 20-21.pdf | 221.31 KB |
Seguirei (I won't stop, لن أتوقف)[1].mp4 | 16.03 MB |
ENTROIDO 020.mp4 | 16.54 MB |
Instrucion_ADIC_2-2020_Comedor_Xestion_Directa.pdf | 511.82 KB |