BENVIDOS AO CURSO 2018 - 2019 |
|
SECCIÓN BILINGÜE |
|
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020
A VELLA LULULA
O alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º crearon a curtametraxe A VELLA LULULA ao abeiro do programa NÓS,TAMÉN CREAMOS! Se pinchades na imaxe podedes ver todas as curtas presentadas.
Aquí vos deixamos tamén o making off da elaboración da curta.
FESTIVAL FIN DE CURSO
Teatro, música e moita diversión para rematar o curso. Ademáis estrenamos pizarra.
Entrega de medallas aos nosos gran deportistas.
Entrega de orlas aos peques de Infantil que pasan para Primaria
E aos de 6º de Primaria que marchan para o instituto. Moita sorte e ata sempre.
Moitas actividades para rematar un curso cheo de emocións, traballo, compañeirismo, ilusións, bos recordos.... Un BO CURSO 2018 -19.
FELIZ VERÁN A TOD@S !!!!!!!!!!!!!!!!!!!
EXCURSIÓN A ILLA DE AROSA
Para rematar o curso fomos de excursión á Illa de Arosa.Fixemos moitas e divertidas actividades.
Obradoiro de cunchas
Bautismo en Kayad
Búsqueda do tesouro
Xogos |
Columpios |
Xeados
|
Repoñendo enerxía antes de voltar |
UNHA XORNADA COMPLETA E INOLVIDABLE. Aquí vos deixamos algúns videos para que vexades
que ben o pasamos na praia.
DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 DE XUÑO
Para conmemorar o Día do Medio Ambiente a ANPA, en colaboración co concello, fixo un proxecto de reciclaxe e decoración no patio exterior. Pintaron neumáticos, ensináronnos a pintar mariquitas, fixeron unha peceira....... Nós o día 5 de xuño para rematar colocamos as mariquitas e soltamos peixes.
Gracias a todas as persoas que colaboraron nesta iniciativa.
VII CERTAME DE RELATO CURTO
BOAS NOTICIAS temos un seleccionado como finalista no VII Certame de Relato Curto, organizado pola FANPA, de entre os 1.296 relatos presentados nesta edición. A listaxe de alumnos finalistas podes consultala en: http://blogs.nontedurmas.org/…/finalistas-da-vii-edicion-d…/
Segundo as bases, o relato será editado nun libro pola editorial Kalandraka xunto co relato feito expresamente para o certame da escritora Concha Blanco. Ademais, o relato publicarase no Diario de Pontevedra no verán.
O 31 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, de entre todos os finalistas, darase a coñecer o nome dos finalistas destacados e o gañador/a de cada categoría e que terán como premio un obradoiro de creación literaria que impartirá a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega a finais de xuño.
Cada gañador/a de cada categoría recibirá, tamén, un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador do libro Ramón Trigo.
PARABÉNS XOEL.
LETRAS GALEGAS 2019
Venres 10 de maio comenzamos as actividades para conmemorar as LETRAS GALEGAS.
Uxía, prima da profe Susi, estudiante de maxisterio e membro do grupo de gaitas " O Carballo da Manteiga de Lalin", ensinounos o nome das pezas do traxe galego.
Tamén as partes da gaita.
Rematamos a sesión tocando e cantando todos unha canción galega tan popular como é A SAIA DA CAROLINA.
Aqui vos deixamos un video para que vexase que ben o pasamos.
Martes 14, o alumnado de ED. Infantil e 1º foron ao museo de Pontevedra para ver a obra de teatro musicalizada MERENDA PAN DE MILLO do grupo Migallas.
“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.
Podedes ver un VIDEO premendo aquí.
Xoves 16, cada nivel escribiu e ilustrou contos para contarlle aos compañeiros utilizando o teatro kamishibai.
O porco espiño Serafín |
Movidas raras
|
A desaparición de Chanchita |
A canción do Sol |
Adiviña quen é. |
Todo esto sin olvidarnos de ANTONIO FRAGUAS ao que lle adicamos algúns traballos como este mural.
Tamén estreamos a curtametraxe A VELLA LULULA, elaborada polo alumnado de ED. INFANTIL e 1º DE PRIMARIA. Próximamente subirémola á páxina
ESTRENAMOS PISTA DEPORTIVA
O luns 29 de abril puidemos estrenar a nova pista deportiva que o concello arranxou ao lado do noso colexio.
CONTRATOS - PROGRAMA
Un curso máis foinos concedida a modalidade Reforzo, Orientación e Apoio ( PROA ), dentro dos Contratos - Programa. Comenzamos o mércores 6 de febreiro. As clases serán os martes e mércores de 16:30h a 18:30h. Serán impartidas por dous docentes do centroo.
ENTROIDO
Este curso o tema elexido para os disfraces foi O UNIVERSO. Desfilamos ata a praza do concello onde nos organizaron unha merendola, gracias unha vez máis polo bo recibimento. Fomos acompañados do CENTRO DE DÍA e A GALIÑA AZUL.
PROGRAMA DE FROITA FRESCA NO RECREO
Co obxectivo de adquirir hábitos de alimentación sá no alumnado, o noso Centro participa, un ano máis, no Programa de consumo de froita fresca do FOGGA (Xunta de Galicia).
|
XORNAL
Pincha na imaxe para ler a noticia
Anexo | Tamaño |
---|---|
ccf5a6fb08aa224166e246ffa6eab882.mp4 | 16.3 MB |
20190510_162404.mp4 | 85.95 MB |
making_of_a_vella_lulula_0001.mp4 | 12.71 MB |
20190621_122022.mp4 | 70.5 MB |
20190621_125240.mp4 | 51.79 MB |
20190621_125543.mp4 | 57.4 MB |
20190621_130051.mp4 | 35.28 MB |
20190621_130142.mp4 | 51.06 MB |
20190621_130612.mp4 | 66.36 MB |
20190621_131331.mp4 | 17.01 MB |
ENTROIDO 19.mp4 | 82.69 MB |