Eventos
O día 8 de marzo comezamos un pequeno proxecto emulando as cianotipias de Anna Atkins, tivemos que agardar a un día solleiro para poder rematalo, e por fin chegou o venres!!!!!!! Aquí tendes unha pequena mostra do que fixeron os nosos grandes artistas guiados por Cris e Sara, que lle explicaron moi ben o que tiñan que facer. Pasámolo Xenial!!!
O procedemento foi o seguinte:
1. Composición libre feita polos nenos coas follas recollidas no roteiro e coa combinación de outros elementos.
2. Exposición ao sol durante uns minutos cun papel fotosensible.
3. Lavar a creación con abundante auga.
4. Secado ao aire libre.