Eventos
Onte tivemos un día estupendo e aproveitamos para facer un roteiro pola contorna.
Andivemos á procura de diversas follas e plantiñas .
Próximamente, cando o tempo nolo permita, faremos ,con esas follas que collemos ,unha actividade moi chula .Trátase de facer CIANOTIPIAS diferentes cada neno e nena.Teremos que agardar a ter un día solleiro para poder levar a cabo esa actividade .
Agardamos que vos guste tanto coma a nós.En canto as teñamos exporémolas aquí para que vexades os resultados .
Desta maneira aprendemos cousas novas e tamén lle rendimos unha pequena homenaxe a ANNA ATKINS que foi A PRIMEIRA MULLER FOTÓGRAFA DA HISTORIA.xa que hoxe conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
|
O día 8 de marzo comezamos un pequeno proxecto emulando as cianotipias de Anna Atkins, tivemos que agardar a un día solleiro para poder rematalo, e por fin chegou o venres!!!!!!! Aquí tendes unha pequena mostra do que fixeron os nosos grandes artistas guiados por Cris e Sara, que lle explicaron moi ben o que tiñan que facer. Pasámolo Xenial!!!
O procedemento foi o seguinte:
1. Composición libre feita polos nenos coas follas recollidas no roteiro e coa combinación de outros elementos.
2. Exposición ao sol durante uns minutos cun papel fotosensible.
3. Lavar a creación con abundante auga.
4. Secado ao aire libre.