Skip to Content

5 anos

ANIMAIS DE ASIA

Miriam realizou un power point (coa axuda da súa nai) onde aparecen os animais típicos de cada zona de Asia.

PAI-PAI

A manualidade que fixemos hoxe foi un pai-pai e cada nen@ escribiu o seu nome en chinés.

 

 

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO ÁGORA

Onte visitamos a biblioteca do Ágora. As bibliotecarias explicáronnos a diferenza entre un libro informativo e un de contos. Logo, mediante un xogo, ensináronnos a catalogar os libros informativos segundo a súa temática: plantas, alimentos, animais,etc. Tamén nos contaron un conto e...

 

 deixáronnos traer ao cole un montón de libros!!!



 

 

ASIA

Antía trouxo un traballo completísimo sobre India, China, Xapón e Vietnam. Noa proxectou un traballo sobre os traxes típicos destes países e Naiara  sobre os deportes.

 

 

  

INDIA

Uxía e Ayla elaboraron cadanseu traballo sobre a India. Contáronnos que as vacas son sagradas neste país, que a súa moeda é a rupia, que lle gusta moito o curry, que hai un templo onde as ratas son sagradas, que falan hindi e inglés.... Foron moi amenas e notouse que aprenderon moito sobre este país. Ayla tamén trouxo un pouco curry para que os nen@s o visen e mango para que o probasen.

 

 

MUSEO DE BELAS ARTES

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes. Mostráronnos cadros e esculturas de autores como Urbano Lugrís, Luis Seoane e Francisco LLoréns. Estas obras gardan relación cos mundos mariños reais e fantásticos. Como resumo da visita, fixemos un taller moi divertido. 

 

 

BANDEIRAS

Sabela trouxo debuxadas as bandeiras de moitos  países  de Asia.

 

MONUMENTOS DE ASIA

Matheo elaborou  un traballo, coa axuda da súa familia, sobre os monumentos máis importantes dos países a traballar. Na asamblea falounos da "Muralla China", o "Taj Mahal", etc. Tamén trouxo unhas bólas relaxantes chinesas. 

 

XAPÓN

A profesora Noemí trouxo á aula uns obxectos procedentes de Xapón: un abano, uns paus para comer, unhas moedas (yens), unha teteira, a figura dun xaponés e un selo dunha letra xaponesa. Tamén unha figura chinesa dun cabalo dos guerreiros de Xian.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut