CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma
O venres Leo cumpriu 6 anos. É o maior do grupo. Trouxo un biscoito enorme que compartimos cos compis da clase de María. Estaba moi rico!!!
Sarela trouxo ao cole un xogo típico xaponés chamado "kendama". Nós fixemos unha versión máis artesanal e sinxela con material de refugallo.
Pasámolo ben practicando a encestar.
Sara realizou un traballo sobre o Oso Panda e expúxoo aos seus compañeiros.
nbsp;
Hoaila, coa axuda da súa mamá, fixo un traballo fantástico sobre Vietnam , país onde naceu. Ademáis trouxo obxectos típicos de alí.
Hoxe levamos para casa as caretas que decoramos esta semana.
Hoxe demos unha clase de judo no ximnasio. Os nosos compis judokas fixeron unha demostración de chaves e, logo, practicamos todos. Son tan bos nesta arte marcial que derribaron á profe Noemí, que é cinturón negro!!!