Skip to Content

5 anos

AMÉRICA

 Aprendemos máis cousas de América: as bandeiras, alimentos  que proceden de alí e monumentos máis importantes. Con isto damos por rematado este proxecto. En xaneiro, partiremos cara outro continente: ASIA.

 

  

ANIVERSARIO UXÍA E IZAN

 
Rematamos o mes pasado cos aniversarios de Uxía e Izan. Zampámonos uns ricos biscoitos para celebrar que xa teñen 5 anos!
 
 
Moitas grazas e moitas felicidades!!
 
 
 
 
 
 

FELIZ ANIVERSARIO AARÓN

Onte celebramos o aniversario de Aarón. Cumpriu 5 anos. Tomamos un biscoito que fixo a súa nai, no que Aarón tamén participou.

 

FELICIDADES NAIARA!!!

Onte celebramos o aniversario de Naiara. Cumpriu 5 anos!!!! O seu papá trouxo un biscoito de chocolate con forma de corazón. Non poidemos compartir con ninguén pois non sobrou nada...

 

COCIÑAMOS AREPAS

Este luns veu o papá de Naiara ao cole a falarnos de Colombia. Naiara vestiu o traxe colombiano e  bailounos unha danza típica .Tamén cociñamos arepas, feitos con fariña de millo, auga, sal e queixo.

 

PLANTAMOS CHÍCHAROS

O venres plantamos chícharos

 

VIAXAMOS A AMÉRICA!!!

Co pasaporte na man subimos ao avión e chegamos a AMÉRICA. Aprendemos moitas cousas deste continente: os animais típicos, os ríos e os montes máis importantes...

 

   

COMO MEDRAN OS NOSOS REPOLOS!!!

Os nosos repolos están xa moi grandes!!!

 

 

BRIGADEIROS

Hoxe a mamá de Sara veu ao cole a falarnos de Brasil e ensinounos a facer dous postres típicos brasileiros. Os "brigadeiros", boliñas de chocolate, e os "beijinhos de côco", feitos con leite condensada e coco. Tamén nos facilitou as receitas para que as familias os fagan na casa.

 

ALFAJORES

Hoxe viñeron ao cole os papás de Matheo para falarnos un pouco de Arxentina. Tamén nos ensinaron a facer "alfajores" (doce típico). Trouxeron as galletas e o doce de leite feitos por eles (Matheo tamén axudou) . Os nenos/as tiveron que untar as galletas  e, logo, cubrir os bordes con coco.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut