Skip to Content

5 anos

ANIVERSARIOS DE VERÁN

Hoxe celebramos os aniversarios de verán. Son sete, a mitade da clase. As familias trouxeron unha tarta e chuches, tamén para as profes...

 

MERENDA CAMPESTSRE

Hoxe, debido á calor que facía, fixemos unha merenda campestre, á sombra dunha árbore.

SISTEMA SOLAR

Paula e Uxía trouxeron a clase cadanseu sistema solar, que construíron coa axuda da súa familia. Os dous están xeniais!!!

 

 

 

 

ARTE ABSTRACTA

Na clase de arte  fixemos un cadro abstracto utilizando unha técnica moi sinxela: as canicas. 

 

 

 

EXCURSIÓN A BELELLE

O venres realizamos a excusión de fin de ciclo á granxa - escola de Belelle. Os alumnos/as déronlle de comer aos animais, cepillaron os ponis e montaron nun. Fixeron pan e plantaron chícharos. Ademais tiveron dúas paradas para comer e, tamén xogaron moito. Foi un día moi completo e o tempo portouse moi ben. Á volta esperábamos traelos a todos durmidos, pero non tivemos sorte... así que, supoño que quedarían rendidos pola noite.

 

FELICIDADES!!!

Este mes de maio cumpriron 6 anos Ayla e Alba.

PARABÉNS!!!

 


Cumple Ayla e Alba - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

RUTAS URBANAS

Este luns fomos aos xardíns de Méndez Núñez a unha actividade titulada "Museo ao aire libre". As monitoras, mediante xogos, faláronnos das esculturas e os edificios que hai nos xardíns.

 

CASA DAS CIENCIAS

Hoxe visitamos a Casa das Ciencias. Recorremos as tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica. Tamén fomos ao Planetario e proxectáronnos  "A noite do vampiro". Os alumnos descubriron o ceo da noite, no que  pudemos observar as estrelas, planetas e constelacións. Tamén viaxamos ata  Marte, a Terra e a Lúa, e achegámonos a Saturno para ver como son os seus aneis, formados por anacos de xeo.

 
Casa das Ciencias - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

PLANTAMOS LEITUGAS

Aproveitando o bo tempo plantamos leitugas na horta que está detrás de infantil.

 

DAVID FAI UN TRABALLO SOBRE A INDIA

Hoxe David veu  vestido coa roupa típica da India. Ademais elaborou, coa axuda da súa mamá,  un traballo moi completo sobre este país. Lidia acompañouno vestida coa roupa da muller hindú.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut