O venres realizamos a excusión de fin de ciclo á granxa - escola de Belelle. Os alumnos/as déronlle de comer aos animais, cepillaron os ponis e montaron nun. Fixeron pan e plantaron chícharos. Ademais tiveron dúas paradas para comer e, tamén xogaron moito. Foi un día moi completo e o tempo portouse moi ben. Á volta esperábamos traelos a todos durmidos, pero non tivemos sorte... así que, supoño que quedarían rendidos pola noite.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |