Skip to Content

SEGUIRADADE VIARIA CON STOP ACCIDENTES

Outro ano máis, como xa é tradición no noso, cole contamos coa asociación STOP Accidentes para gozar dunha mañá de patinetes, patíns, bicicletas... pero sobre todo para afondar na educación viaria dun xeito lúdico.

Moi ben o pasaron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Aí tendes o álbum para ver que tal lles foi.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Stop accidentes

Encontro Axuda en Acción e Fundación Repsol

Xornada de encontro no CEIP San Pedro de Visma. Ayuda en Acción, Fundación Repsol e colexios participantes do programa "Aquí También" compatiron experiencias e puxeron en valor a educación social e ambiental.
.
No acto compartido interviron a directora e coordinador de medio ambiente do colexio, a directora de relacións institucionais e delegada de Galicia de @ayudaenaccion, xerente social e de voluntariado de @fundacionrepsol.


Ao finalizar, todos os asistentes fixeron un tour polo centro visitando o galiñeiro, invernadoiro, labirinto, charca anfibios e bancais onde o alumnado estaba facendo as súas acción de voluntariado diaria.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Encontro Axuda en Acción e Fundación Repsol

1906, A FORZA DE HÉRCULES

Como broche final do “fenómeno musical” deste curso e, conmemorando hoxe o “Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas”, publicamos o vídeo que fixemos entre todos e todas da canción “1906: A forza de Hércules” de Mar de Fondo.

Unha vez máis darlle as grazas a Jesús Suárez por cedernos a súa música e darnos esta oportunidade e tamén grazas a todos/as os que formades a comunidade educativa do San Pedro de Visma por facer posible este vídeo.

Chegou agora o momento de disfrutalo.
Agardamos que vos guste.

 

CINEMA NA ESCOLA 2022

O alumnado de 6ºA ven de participar coa curta "O neno novo" no concurso "Cinema na escola 2022" organizado polo Concello de A Coruña .

Os nenos e nenas foron os protagonistas, guionistas, actores e actrices, produtores... un traballo feito por eles e para eles.

Lembrar tamén, que este proxecto non sería posible sen a colaboración de Alejandra Aguirre do Proxecto MUSE, que formou ao alumnado en todo o relacionado co audivisual, e a titora Rocío.

Parabéns polo esforzo e o traballo ben feito.

PROXECTO SEMENTE 2022. CHEGOU O DÍA

Foron longos meses de traballo nas coperativas COOPXETAL e Vida Verde, pero todo esforzo ten o seu resultado.

O pasado venres 20 de maio pola tarde foi un día de festa e traballo para os nenos e nenas de 6º de Primaria. Desde a 16:30 ata as 20:30 estiveron vendendo os seus produtos, aceites perfumados, prantas de tomate ecolóxico, aromáticas, pendentes, xabóns...

Parabéns a estas rapazas e rapazes e tamén os seus titores, Xulio e Rocío!!!!

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Semente 2022

PROTOCOLO COVID-19, VERSIÓN 20/05/2022

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar unha nova versión do protocolo COVID-19 para os centros educativos.

Podes consultar o protocolo prememendo AQUÍ.

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para o curso 2022/23 para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?

Do 19 de maio ao 30 de setembro.

Onde se pode presentar a solicitude?

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es  ou a través das sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (https://sede.educacion.gob.es).

As persoas solicitantes que non dispoñan de firma dixital poden  imprimir e presentar a solicitude, xunto co resto de documentación, na secretaría do centro no que o alumno/a vaia realizar os seus estudos no curso 2022/23.

Podes ampliar a información na seguinte ligazón https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Consulta a convocatoria premendo AQUÍ.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

 

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2022/23:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude para a presentación presencial: descárgaospremendo en anexo I e anexo II.

Podes ampliar esta información na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros 

 

PROXECTO SEMENTE 2022

 

O Proxecto Semente 2021/22 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB levan meses traballando na súas cooperativas, COOPXETAL e Vida Verde, facendo todo tipo de produtos artesáns.

O vindeiro venres 20 desde as 16:30 ata as 20:30 horas  estes grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros colexios do concello, na Praza de María Pita  para vender os seus produtos artesáns nos que levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidar a toda a comunidade educativa a achegarvos polos postos da súas cooperativas.

Contamos con vós!

 

MURAL DE ENKI

Contamos cun novo mural no noso colexio!

A fundación ENKI coa axuda do alumnado elaborou nunha das paredes do Torreón un mural que contribúe á normalización da ligua de signos e o sistema braille ao recoller o abecedario en ambos sistemas de comunicación.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Mural Enki
Distribuir contido


by Dr. Radut