O alumnado de 6ºA ven de participar coa curta "O neno novo" no concurso "Cinema na escola 2022" organizado polo Concello de A Coruña .
Os nenos e nenas foron os protagonistas, guionistas, actores e actrices, produtores... un traballo feito por eles e para eles.
Lembrar tamén, que este proxecto non sería posible sen a colaboración de Alejandra Aguirre do Proxecto MUSE, que formou ao alumnado en todo o relacionado co audivisual, e a titora Rocío.
Parabéns polo esforzo e o traballo ben feito.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |