O Proxecto Semente 2021/22 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB levan meses traballando na súas cooperativas, COOPXETAL e Vida Verde, facendo todo tipo de produtos artesáns.
O vindeiro venres 20 desde as 16:30 ata as 20:30 horas estes grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros colexios do concello, na Praza de María Pita para vender os seus produtos artesáns nos que levan meses traballando.
Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidar a toda a comunidade educativa a achegarvos polos postos da súas cooperativas.
Contamos con vós!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |